Remata na Pobra unha nova edición dos cursos de poda e enxerto de froiteiras

03 Setembro 2024

Co remate do mes de agosto concluíu unha nova edición dos cursos de poda e enxerto de árbores froiteiras promovidos pola Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal.

No 31 de agosto impartíronse as últimas nocións prácticas da man da labrega e formadora Carme Freire Cruces mediante a poda de cerdeiras e realización de enxertos.

“Un ano máis atopámonos con moi boa aceptación deste itinerario formativo de balde por parte da veciñanza. Novamente espertou moito interese ata cubrir a totalidade das prazas ofertadas”, explica o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro. A Administración local aposta por este tipo de accións, segundo apunta, “para a capacitación da cidadanía no coidados das súas hortas en distintas épocas do ano ensinando habilidades que contribúan a favorece-lo correcto desenvolvemento das súas árbores froiteiras.”

A cuarta convocatoria do curso de poda comezou coa parte teórica, se ben os coñecementos adquiridos se puideron levar ao terreo tamén no 25 de febreiro, coa poda en seco de froiteiras de óso e de pebida, e no 11 de maio, coa poda en verde.

Doutra banda, a segunda edición do curso de enxerto arrancou no 3 de febreiro cunha clase teórica e outra práctica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.