A auga dos Areos, na Pobra, é apta novamente para o baño

02 Setembro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de recibir notificación por parte da Consellaría da Sanidade conforme a contraanálise practicada na praia dos Areos reflicte que a auga volve ser apta para o baño.

No informe sinálase que os niveis volven ser aceptábeis, sen supor ningún risco para a saúde das e dos bañistas deste areal, tralo episodio de contaminación microbiolóxica sobre o cal recibiu comunicación a Administración local no 30 de agosto. Este detectouse ao abeiro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025. Consisten en probas rutineiras entre os meses de maio e setembro para coñecer a evolución da calidade das augas para o obrigado cumprimento da normativa europea.

Procedeuse xa, polo tanto, coa retirada dos carteis informativos que advertían de absterse do baño, temporalmente, na dita praia.

Cómpre lembrar que, un ano máis, as zonas de baño da Pobra acadaron a cualificación de “Excelente”, segundo a clasificación sanitaria final na pasada tempada, vixente para este 2024. Aquí avaliáronse seis zonas de baño do litoral pobrense: A Barca, A Corna, Os Areos, A Illa, A Lombiña e Os Raposiños. Estes datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental, e do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...