A Deputación organiza o Rede Coworking Fest, con 28 eventos para impulsar o emprendemento (tamén no Lab Barbanza e no Coworking da Pobra)

10 Setembro 2024

A Deputación da Coruña organiza este mes o Rede Coworking Fest, o primeiro festival de traballo colaborativo e innovador da provincia. Durante a vindeira semana, do 16 ao 22 de setembro, os 11 espazos que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña organizarán unha ampla programación de eventos de diversa tipoloxía.

Trátase de 28 citas e máis de 100 horas de actividades para dar a coñecer a todas as persoas interesadas os servizos e actividades que se ofrecen nos espazos de traballo colaborativo que conforman a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña: o coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros), o LAB-Barbanza (Boiro), Transformando en Brión, o Espazo A Proa (Ames), o Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla (Moeche), o Coworking A Capela, o centro de emprendemento A Estación (Vedra), o Green Coworking (As Pontes), o Coworking A Pobra, o Coworking Dixital CCompostela (Santiago) e a Casa do Pescador (Miño).

Segundo explicou a deputada responsábel de Emprego e Industria, Rosa Ana García, do 16 ao 22 de setembro estes espazos acollerán formacións especializadas, xornadas de portas abertas, visitas, obradoiros e charlas de especialistas, asesoramento especializados a persoas emprendedoras, encontros empresariais sectorais e ata unha feira labrega, co obxectivo de achegar o funcionamento da Rede de Coworking á sociedade e, en concreto, ás persoas interesadas en emprender un negocio.

“O obxectivo desta iniciativa é fomentar o emprendemento local, dar a coñecer o que a Rede de Coworking da Deputación ofrece aos emprendendores e emprendedoras da provincia en cada un dos seus 11 centros, fomentar as sinerxías e redes de contacto que permitan crecer ás empresas e apoiar aos sectores clave na provincia, xa que cos coworkings son especializados por áreas”, explicou a deputada de Emprego.

Todos os eventos son gratuítos e abertos ao público en xeral. Tanto a consulta da programación, como a inscrición nos eventos do Rede Coworking Fest pode realizarse desde a súa páxina web.

A Rede Provincial de Coworking, creada no marco do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, comenzou o seu funcionamento en 2019 coa posta en marcha en Oleiros do primeiro coworking no Pazo de Arenaza. A entidade provincial que preside Valentín González explica que “dende entón, a Rede non parou de medrar e a día de hoxe son 11 os espazos que a conforman, entre coworkings, viveiros de empresa e espazos colaborativos especializados na transformación agroalimentaria”.

A Deputación engade que se trata dunha “rede única en Galicia”, xa que cada un dos centros que a conforman atópase especializado no sector ou sectores estratéxicos da zona onde se localizan. Ademais, a meirande parte destes centros atópanse no rural coruñés e todos eles prestan servizos de apoio e fomento ao emprendemento a nivel supramunicipal.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.