Aberta a selección do alumnado traballador (15) do programa de emprego Xuventude I dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra

09 Setembro 2024

Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra convocaron un proceso selectivo para a elección de 15 alumnos/as traballadores/as do programa de emprego Xuventude I.

O obradoiro vaise levar a cabo entre os ditos municipios mediante unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia por importe de 408.213,30 euros.

Segundo explicaron fontes do Consistorio de Boiro, este obradoiro configúrase como un programa experiencial de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social. Neste caso concreto o alumnado recibirá formación en montaxe de equipos informáticos, operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos e a realización de operacións auxiliares con Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).

As persoas aspirantes deberán ser persoas mozas de 18 ou máis anos e inscritas no Programa de Garantía Xuvenil do Servizo Público de Emprego de Galicia, ademais de cumprir os requisitos de nacionalidade, capacidade funcional, habilitación e compatibilidade esixíbeis para o acceso ao emprego público.

Ofértanse un total de 15 prazas de persoal laboral temporal como alumnos/as traballadores/as que se repartirán entre alumnado dos tres municipios do Barbanza. O contrato de traballo será para a formación en alternancia, cunha retribución do salario mínimo interprofesional e unha xornada de traballo a tempo completo durante 12 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.