O IES A Pobra do Caramiñal acolleu dous novos obradoiros de alfabetización mediática

26 Novembro 2026

A xornalista e escritora Marga Tojo foi a encargada de levar a alfabetización mediática á Pobra do Caramiñal con dous obradoiros contra a desinformación impartidos na mañá deste mércores no IES da localidade.

Estes obradoiros están a levar ferramentas, recursos e coñecementos contra as noticias falsas a unha decena de centros de ensino medio da Coruña (incluído o da Pobra) grazas a un convenio asinado polo Colexio de Xornalistas de Galicia coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís.

No IES da Pobra, o alumnado de 1º de Bacharelato puido desfrutar de dúas actividades formativas e divulgativas, ás 10:30 e ás 12:00, impartidos por Marga Tojo. O alumnado da comarca do Barbanza puido acceder así a ferramentas para detectar mellor a desinformación e poder contribuír a loita contra as noticias falsas, denunciándoas e combatendo o seu espallamento.

Especializada en políticas sociais e desigualdade, Marga Tojo forma parte da directiva de Xornalistas Galegas, colectivo na defensa dun xornalismo con perspectiva feminista. As súas colaboracións pasan por medios como Público, eldiario.es, Nós Diario ou a Radio Galega, e ten un mestrado en estudos de xénero e xestión de políticas da igualdade.

Ademais de xornalismo, fai novela, ensaio e poesía. Como todas e todos os formadores, recibiu formación específica en alfabetización mediática para poder trasladar á poboación dunha maneira máis eficiente as mellores estratexias para recoñecer e combater a desinformación.

Respecto do contido do programa, o Colexio de Xornalistas advirte de que “o aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital están a danar profundamente o xornalismo, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes”. Por este motivo, a entidade profesional galega propúxose combater esta situación trasladando á sociedade galega este programa de formación en alfabetización mediática. O obxectivo é “fornecer a toda a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas”, sinalan, engadindo que “no caso das e dos escolares de Secundaria, a través de xogos, historias e exemplos próximos a eles, poden coñecer as diferenzas entre a información errónea e a desinformación, preguntarse quen e por que ten interese en enganarnos, coñecer as estratexias de espallamento das loiadas ou converterse eles mesmos en fact checkers”.

Esta nova etapa dos obradoiros na Coruña vén a complementar os realizados no ano 2025, que levaron o programa de alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ao alumnado de Arzúa, Brión, Carral, Curtis, Melide, Oroso, Padrón, Santa Comba e Zas.

Todos os obradoiros estarán impartido por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática. En concreto, as e os xornalistas que descubrirán ao alumnado da Coruña as estratexias de quen propaga noticias falsas e os recursos para contrastar información serán María del Carmen Abuín González, Elena Martín Lores, Carmen Quintela Babío, María Selina Otero Verdes, Miguel Rodríguez Fernández, María del Pilar Rodríguez Losada e Marga Tojo González.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...