Inaugurada na Pobra unha exposición pictórica de Ricardo Leal

07 Setembro 2024

Unha trintena de cadros integran a nova exposición que loce na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Unha afección pola arte que Ricardo Real foi cultivando ao longo dos anos e que se materializou xa en mostras previas na Pobra do Caramiñal, así como en localidades veciñas como Ribeira, Boiro e Noia.

Nesta mostra que permanecerá durante todo o mes de setembro na dita instalación municipal, o mar e o entorno son os protagonistas principais, ademais de escenas de carácter máis doméstico. De aí a presenza de paisaxes marítimas, animais, bodegóns… Os seus cadros reflicten, polo tanto, variedade na temática, pero tamén na técnica empregada: acrílico, acuarela, óleo, pastel, lapis, carbonciño, tinta china…

O acto inaugural celebrouse este 6 de setembro, amenizado musicalmente por Xiada e Ruadiña. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañou ao artista. Segundo expuxo a edil, “é importante servir de escaparate tamén para o talento local. Na anterior ocasión, trouxemos para o público unha exhibición artística dun compostelá con familia nesta vila, cun agarimo especial pola Pobra que, como puidemos comprobar, non se limitaba exclusivamente ao parentesco. Agora asistimos á apertura da mostra dun veciño que expón por primeira vez nesta casa da cultura.”

Lojo tamén declarou que dende a Concellaría da Cultura “traballamos arreo para converter este espazo nun punto de referencia como xanela das disciplinas pictórica e escultórica e, dada a cantidade de artistas que contactan connosco e o número e heteroxeneidade das mostras, considero que estamos no bo camiño.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.