Retómase a primeira fase do reforzo do firme iniciada o pasado mes de xullo na AG-11, toda vez que os traballos foron suspendido nas semanas de maior tráfico do verán
As obras continúan coa reparación de puntos ou zonas singulares da autovía onde se identifique un deterioro acentuado, con intervención nos enlace de Rois Imo e de Bexo, así como en distintos puntos do tronco da AG-11 e no ramal de saída da área de servizo
As afeccións ao tráfico serán debidamente sinalizadas mediante sinalización vertical e nos correspondentes paneis de sinalización variable.
A Xunta continuará este mércores, día 4, se as condicións meteorolóxicas o permiten, as obras de renovación do pavimento na autovía AG-11 do Barbanza.
Retómase así a primeira fase do reforzo do firme iniciada o pasado mes de xullo, toda vez que os traballos foron suspendido nas semanas de maior tráfico do verán. As obras se executan en cumprimento das obrigas da sociedade concesionaria dentro do contrato de concesión de obra pública, e consisten na reparación de puntos ou zonas singulares.
Con motivo das obras, produciranse afeccións ao tráfico, que serán debidamente sinalizadas mediante sinalización vertical e nos correspondentes paneis de sinalización variable.
Mañá, mércores día 4, a previsión é acometer os traballos de reposición de aglomerado no enlace de Rois Imo, tanto na marxe dereita da autovía, con corte de carril dereito entre o quilómetro 2+700 e o 4+500 do tronco; como na marxe esquerda da autovía, con corte de carril dereito entre o quilómetro 5+900 e o 4+500 do tronco.
Ademais, durante a xornada do mércores e do xoves se actuará no tronco da autovía, entre os puntos quilométricos 5+522 e 5+663, neste caso con corte de carril dereito entre os puntos quilométricos 4+200 e o 6+000 do tronco.
O venres 6, as intervencións de reposición de aglomerado centraranse no ramal de saída da área de servizo na calzada esquerda, con tráfico alternativo mediante sinalistas, entre as 7:00 e as 15:30 horas. Estes mesmos traballos realizaranse tamén no enlace de Bexo, na calzada dereita, con corte de carril entre os quilómetros 8+500 e 9+600, entre as 7:00 e as 15:30 horas.
Este tipo de actuación se realiza onde se identifique un deterioro acentuado do firme, mediante fresado e reposición con diferentes profundidades en función do estado e situación da zona. Nunha fase posterior, unha vez rematados estes traballos, disporase unha nova capa de rodaxe.