O 13 de setembro celébrase a LXIII Milla Urbana Nocturna da Pobra

04 Setembro 2024

A Pobra do Caramiñal prepárase xa para unha das citas deportivas máis senlleiras na localidade: a LXIII Milla Urbana Nocturna. No 13 de setembro tocará volver calzar as zapatillas de correr para unha proba que abrangue as modalidades da sub-6 ata a máster.

As saídas faranse a partir das 22.00 horas dende as inmediacións dos Xardíns de Valle-Inclán, lugar onde tamén finalizará o evento arredor da medianoite.

Realizarase a entrega de trofeos ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os por categoría e medallas a toda a rapazada que compita na sub-6 e sub-8. A maiores, concederanse premios económicos ós tres mellores tempos das distintas carreiras: 150 euros para o primeiro posto, 100 para o segundo e 50 para o terceiro.

Con relación a isto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, indicou que “esta carreira é singular por dúas razóns: por transcorrer durante a noite e por se realizar na primeira xornada das festas do Nazareno”.

O concelleiro destacou tamén a participación que se acada cada ano, polo cal se estima que se sitúe na cifra de 200 deportistas. O edil agradeceu ademais o labor da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, polo seu dinamismo na vida deportiva do municipio, ademais da colaboración da Protección Civil.

O prazo de inscricións xa está aberto. Este trámite formalizarase no Departamento dos Deportes, situado na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, no horario das 09.30 ás 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981831545 e 619229946.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...