Retómanse na Pobra do Caramiñal os obradoiros de artesanía

28 Agosto 2024

Unha vez rematado o mes de agosto, a Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal retomará os obradoiros artesáns de balde dentro do programa Feito coas túas mans, cos cales se pretende dinamizar os centros socioculturais da localidade ao mesmo tempo que se ofrecen alternativas de lecer fóra da época estival, se xera comunidade e se potencia a creatividade da veciñanza.

Continúan agora con cerámica, da man de Raposiñas, no muíño da Ponte Barbanza (aos mércores do mes de setembro); madeira, a cargo de SonAgasallo, en Santo Isidro (aos mércores do mes de outubro); e xabóns, grazas a Flow de Meiga, na Angustia (aos mércores do mes de novembro), se ben estes talleres xa se iniciaron nos pasados meses coa impartición de cestaría con La Parabólica, no Campiño, e con Capixuta, na Ribeiriña, ademais de macramé con Noites de Datura, no Camiño Ancho.

As prazas xa están cubertas totalmente dende a presentación do programa no mes de abril.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...