O libro de poemas “Oídos de espeleóloga” de Ciro Briones preséntase este venres na Pobra

12 Setembro 2024

Ciro Briones presentará esta semana na súa terra, na Pobra do Caramiñal, un novo libro, o segundo no que vai de 2024. Se no mes de abril achegou o ensaio Da caverna á acrópole. Un camiño cara á educación pública, agora é o momento do poemario Oídos de espeleóloga. Será no venres, 20 de setembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí (na antiga aula de estudo).

Distinguido co XXVI Premio de Poesía Concello de Carral, este libro explora espazos de desolación e afonda na reflexión metafísica.

O acto chega arroupado pola Concellaría da Cultura, a Asociación Cultural Barbantia, Espiral Maior Edicións, La Voz de Galicia e Ler Librerías.

Intervirán, ademais do propio autor, o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; a vicepresidenta da A. C. Barbantia, Isabel Santos; Ana Fernández Soneira, da UVigo; e Miguel Anxo Fernán Vello, pola parte de Espiral Maior.

A entrada é libre ata completar a cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.