Convocada a sétima edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

02 Setembro 2024

Un dos galardóns galegos de referencia na literatura infantil chega á súa sétima edición: o Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia. Este considerará unha única obra gañadora, á cal se lle asigna unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da dita editorial e o reparto de exemplares entre a rapazada da localidade.

As creacións que concorran deberán estar escritas en lingua galega e dirixidas a un público lector con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. Iso si, non poderán presentarse aquelas autoras ou autores que acadasen este galardón nunha ou en máis dunha ocasión das últimas cinco convocatorias.

“Esta distinción eríxese como unha ferramenta para promover a produción literaria e tamén para ofrecer lecturas de calidade e en galego ás novas xeracións”, salientou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, lembrando que xa son varias as obras que saíron do prelo ao abeiro deste certame xa consolidado no panorama literario. Ratifica, así mesmo, a defensa por parte da Administración local deste tipo de iniciativas, polo que esta seguirá asumindo a gratificación económica e unha parte da edición do premio. Lojo enxalza tamén o forte compromiso de Carlos Mosteiro coa cultura, por iso “neste ano, ademais de homenaxear a este veciño coa constitución deste premio, encargamos un retrato en ferro sobre madeira da autoría de Che Tembra que lucirá nesta Biblioteca Municipal Victoriano García Martí”. Foron o propio artista e a viúva do homenaxeado, Lourdes Briones, os encargados de destapar o cadro. Como recoñece Tembra, o proceso foi laborioso para conseguir gravar a Mosteiro en ferro de xeito artesanal.

Pola súa parte, o director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro, subliña a “nómina de gañadores de recoñecido prestixio” ao abeiro do certame, especialmente significativo neste 2024, como apunta a presidenta da A. C. Barbantia, María Xesús Blanco, ao cumprirse o 20 aniversario de Barbantia, de quen Carlos Mosteiro foi un dos membros fundadores.

O prazo de recepción de orixinais remata no día 1 de novembro de 2024. Tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil formarán o xurado, que dará a coñecer o seu ditame no mes de decembro. Ademais, a entrega da distinción farase coincidir coa presentación do libro, despois de ser editado.

Nos anteriores anos, o galardón recaeu en Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar, por se estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; repetiu Neira Cruz, con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos; María Canosa, con Teño un volcán dentro; e José Luis Baños, con Fóra de xogo.

As bases completas e a solicitude de participación están ao dispor nas páxinas web das entidades promotoras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.