As familias de alumnado da Secundaria da Pobra poderán adquirir ferramentas para a xestión emocional a través da segunda edición do curso para nais e pais Estrés e ansiedade na adolescencia que promoven a Concellaría dos Servizos Sociais, o IES da Pobra e a ANPA. Juan...
Lousame porá en marcha unha campaña cidadá de sensibilización contra a violencia de xénero no marco do 25N
O Concello de Lousame acolleu a XIII xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame. Unha reunión na que se presentou a campaña Voces de Lousame contra a...
Rosana Pérez acusa a Mar de permitir a “impunidade” da empresa dos helicópteros de Gardacostas
A deputada do BNG Rosana Pérez acusou este martes á Consellería do Mar de "permitir que a empresa adxudicataria dos helicópteros do Gardacostas de Galiza actúe con total impunidade ao incumprir gravemente o se contrato unha e outra vez”. E todo isto malia tratarse...
A axenda do Novembro Cultural en Ribeira vén con presentacións, exposicións, concertos, proxeccións e funcións teatrais
Presentación da axenda cultural de novembro en Ribeira nunha imaxe de Alba Cambeiro A concelleira de Cultura, Antía Alberte e o concelleiro de Festexos, Francisco-Suárez-Puerta, presentaron este martes 14 de novembro toda a actividade cultural programada para este mes...
O Araño albergará do 8 ao 10 de decembro a terceira edición do ciclo Hórreo Vivo
O Centro Cultural da Capela, na parroquia rianxeira do Araño, albergará en decembro, desde o venres 8 ata o domingo 10, a celebración da terceira edición do evento cultural Hórreo Vivo, organizado pola asociación de veciños e o colectivo cultural A Carballeira de...
O PP de Ribeira urxe ao Executivo local a buscar un terreo para o novo centro de saúde
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira vén de emitir un comunicado a respecto do proxecto para construír un novo centro de saúde na cidade, para o cal é preciso atopar un terreo que cumpra coas esixencias do SERGAS en materia de envergadura e accesibilidade....
Unha decena de locais participan no II Concurso de Tapas de Outes
Volve o Concurso de Tapas de Outes, logo do éxito (de participación e repercusión) da primeira edición, na que, como lembraremos, a consumición mellor valorada resultou ser a Tapa do Pumar, do Restaurante Fera, en Cando. Agora o Concello de Outes vén de compartir o...
O Concello de Boiro organiza esta semana unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar
O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, desenvolve esta semana unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar que achega aos escolares dos distintos centros de ensino do municipio á Casa da Cultura para asistir a diversas funcións escénicas. A cita...
Noia homenaxeou a Javier Gutiérrez na XXIV Mostra de Curtas
A semana pasada, ao abeiro da XXIV edición da Mostra de Curtas de Noia, entregouse ao actor galego (natural de Ferrol) Javier Gutiérrez o Premio Honorífico do festival audiovisual noiés. O actor visitou a vila para recoller o galardón e tamén con motivo da preestrea...
A campaña De Fronte da Deputación de Coruña convoca á mocidade para encher a Rede de vídeos contra a violencia
A Deputación da Coruña impulsou unha nova edición da súa campaña De Fronte, coincidindo unha vez máis co 25 de novembro (o 25N é o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres). Nesta edición a entidade provincial pon o foco nas violencias machistas en...
Et Suseia Danza leva a Rianxo “O que non se ve”, que mestura danza tradicional e contemporánea para falar da muller
A Sala Arcos Moldes será o escenario esta semana dun espectáculo de danza que fusiona dous estilos a priori sen nada en común. Et Suseia Danza presenta O que non se ve este sábado 18 de novembro no Auditorio Municipal rianxeiro, en palabras da compañía "unha aposta...
Carlos Callón presenta en Dodro, este venres, O libro negro da lingua galega
Este venres 17 de novembro o escritor ribeirense Carlos Callón vai presentar en Dodro a súa obra máis recente, O libro negro da lingua galega. Será na Biblioteca Municipal de Dodro, as oito da tarde. Trátase dun volume que recolle e explica testemuños da represión...
Dodro participa con 4 prazas na Campaña da Neve da Deputación (entre o 2 e o 5 de febreiro)
A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña da Neve 2024. Esta campaña desenvolverase na estación Valgrande - Pajares e está destinada á cativada de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.A quenda de Dodro correspóndese co período comprendido...
O proxecto artístico Lavadoiro vaise de xira polo Barbanza (no Son, en Ribeira, en Rianxo e en Boiro)
Lavadoiro, o proxecto artístico-audiovisual de Ana Amado e Lois Patiño que aborda o rol esencial destas construcións na vida das mulleres como lugares de traballo doméstico e tamén de socialización, estará estes meses de novembro e decembro en diferentes localidades...
Ribeira celebra o 25N co alumnado dos colexios (haberá contacontos, obradoiros e unha lectura colectiva)
A concelleira de Igualdade de Ribeira, Cruz Rivadulla e a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, e Paloma Seijo, do CIM, presentaron a programación de cara ao 25 de novembro (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres) organizada...
As VII Xornadas Micolóxicas da Pobra remataron cunha saída ao campo, entrega de premios e degustación gastronómica
A fin de semana que vimos de deixar atrás aglutinou boa parte das actividades abeiradas ás VII Xornadas Micolóxicas que impulsa a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal. No 12 de novembro chegaron á fin coas xa tradicionais propostas. Mónica Saavedra,...
A Deputación presenta o orzamento máis alto da súa historia: máis de 222 millóns
A Deputación da Coruña presentou este luns 13 de novembro os detalles do seu orzamento 2024, que será de 222.151.200 euros, o máis alto da historia da institución e un 7,2 % superior ao do actual exercicio. Así o fixeron saber o presidente da Deputación coruñesa,...
A editorial rianxeira Axóuxere publica O governo neoliberal da vida, de Borxa Colmenero
A editorial Axóuxere, con sede en Rianxo, vén de lanzar un novo libro, estamos a falar de O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana, un ensaio crítico de Borxa Colmenero. O autor, nado en Vilar de Santos (1984) é filósofo político, xurista e...
Deputación, Concello de Ribeira e confrarías locais sentan as bases de futuras colaboracións
Reunión celebrada no Concello nunha imaxe de Alba Cambeiro O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os edís Francisco-Suárez-Puerta e Fernando Abraldes mantiveron unha reunión coa deputada delegada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán (Deputación da Coruña) e máis co...
Até 40 establecementos de Ribeira participaron na III edición de Camiño da Arte
O pasado mes de outubro desenvolveuse a terceira edición da iniciativa Camiño da Arte, coa que a Asociación de Empresarios de Ribeira buscaba novamente dinamizar o comercio e á vez levar a cultura e a arte ás rúas da cidade e da súa contorna. Nos case 40...
Barbantia entrega en Lousame, o 16 de decembro, os seus Premios da Cultura 2023
O vindeiro sábado 16 de decembro a Casa da Cultura do Concello de Lousame vai acoller, a partir das 12.30 horas, a presentación do XIX volume de Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza (2023), impulsado pola asociación cultural do mesmo nome, que acompañará a...
O Concello de Rianxo pon a punto o patio do CEP Xosé María Brea Segade
O Concello de Rianxo informou de que estes días estanse a levar a cabo unha serie de melloras no patio do CEP Xosé María Brea Segade (parroquia de Taragoña), destinadas a mellorar a seguridade e a usabilidade deste espazo de lecer. Entre as melloras materializadas...
Rianxo conmemora o 25N con obradoiros creativos e cultura reivindicativa
O Concello de Rianxo compartiu o programa de actividades organizado pola Concellería de Política Social co gallo do #25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda, desenvolvida en colaboración co CIM (Centro de Información á...
Rianxo rende homenaxe o historiador, Xesús Costa Rodil
Nunha cerimonia solemne o Concello de Rianxo concedeu o título de fillo adoptivo a Xesús Costa Rodil, distinguido profesor orixinario de Cervo, quen dedicou máis de catro décadas ao ensino na vila e participou activamente en diversas investigacións sobre a historia do...
A nova tempada de pesca fluvial en Galicia comezará o vindeiro 17 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo
A tempada de pesca continental en Galicia para o ano 2024 comezará o vindeiro 17 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo, con carácter xeral. Así foi acordado esta mañá durante a reunión ordinaria do Consello Galego de Pesca Continental, que estivo presidida pola...
En Muros localizan con vida á boirense de avanzada idade que desaparecera
Atopan desorientada e con hipotermia á boirense María Pura Vidal nun monte de Muros María Pura Vidal A muller de avanzada idade tivo que ser evacuada ao PAC de Muros ao presentar síntomas de hipotermia e estar desorientada. Foron os membros do GES de Muros os que...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
Vai unha semana que chegou ao porto de Vigo o buque Ártabro
Antón Luaces.- Familiares, amigos e compañeiros de traballo no mar agardan novas sobre o resultado dos labores de filmación realizados polos rov a 750 metros de profundidade en 250 millas da illa canadiana de San Xoan de Terranova do pecio do pesqueiro marinense Villa...
“O sector cervexeiro español é o segundo de Europa e o noveno do mundo, con Galicia marcando o paso”. Antón Luaces
Elaborar mil millóns de litros ao ano é o obxectivo da nova fábrica de cervexa da Estrella Galicia en Morás, concello coruñés de Arteixo, capacidade máxima de produción verbo da actual factoría da Agrela (A Coruña). O proxecto de novas instalacións contempla o...
“Malos días para Galicia”. José Castro López
En mayo estuvo en Galicia en campaña electoral la ministra de Transportes y dejó dos perlas: la primera, que los trenes Avril, necesarios para completar la Alta velocidad, no llegarán hasta finales de año (¡). La segunda, fue la negativa de su departamento a reparar...
“Un mundo mellor” – José Manuel Pena
Os cambios que está a experimentar a nosa sociedade global esixen unha revisión e unha reafirmación dos valores éticos, para garantir un desenvolvemento equilibrado. A pesar de todo os gobernos parecen ser incapaces de atopar as ferramentas que devolvan a economía das...
“Tiempo como período” – Manuel Domínguez
Tiempo como periodo. Recuerdo un verso, tendría 18 años, “muerte lejana y cobarde” quien a los 18 años no es valiente ya atrevido, que joven no tiene el valor de enfrentarse al Leviatán. Pero hoy ya cuando el mañana está aquí, a la puerta de la esquina se acabo la...



























