As VII Xornadas Micolóxicas da Pobra remataron cunha saída ao campo, entrega de premios e degustación gastronómica

13 Novembro 2023

A fin de semana que vimos de deixar atrás aglutinou boa parte das actividades abeiradas ás VII Xornadas Micolóxicas que impulsa a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal.

No 12 de novembro chegaron á fin coas xa tradicionais propostas. Mónica Saavedra, especialista no xénero Amanita, guiou unha saída ao campo para coñecer no monte da Curota e nas inmediacións do estadio municipal da Alta algunhas das especies que máis abundan no noso territorio para despois formar unha pequena exposición no mercado municipal.

Precisamente neste lugar, Miguel Mosteiro e o seu equipo de Gastrolab Arousa efectuaron un showcooking con tres receitas a base de cogomelos e fíxose a entrega de premios do VII Concurso Fotográfico de Micoloxía, que rexistrou 67 imaxes nesta convocatoria.

A primeira distinción deste certame recaeu nunha fotografía da autoría de Ramón Rial Pérez, a segunda foi parar a unha instantánea tomada por Sergio Pérez Boullón e a terceira adxudicouse a unha imaxe de Pablo Blanco Teijeiro.

O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, foi o encargado de face-la entrega dos galardóns desta acción que reparte 750 euros no total, en formato de vales de compra para trocar no comercio local.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...