Carlos Callón presenta en Dodro, este venres, O libro negro da lingua galega

14 Novembro 2023

Este venres 17 de novembro o escritor ribeirense Carlos Callón vai presentar en Dodro a súa obra máis recente, O libro negro da lingua galega. Será na Biblioteca Municipal de Dodro, as oito da tarde.

Trátase dun volume que recolle e explica testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos aportando ademais moitos documentos pouco ou nada coñecidos.

Nas súas páxinas falase da crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980; das multas en tempos de Franco por falar galego; das inspeccións por “esaxerado acento galego” ou a profanación da lápida de Alexandre Bóveda para castelanizala.

“Será”, explicou o Concello, “unha oportunidade para falar co autor e saber máis da historia do galego e de Galicia”.

Trátase dunha actividade organizada polo concello de Dodro coa colaboración da Deputación da Coruña.

Desde a súa publicación, O libro negro da lingua galega está a contar cunha acollida excelente e máis de 3.000 persoas participaron xa nos actos de presentación. O autor considera que esta boa recepción se debe a que “o galego está hoxe nunha encrucillada para o seu futuro e unha parte significativa da sociedade non está disposta a que se continúen a cometer inxustizas contra o noso idioma natural”. “Para mudarmos o futuro é preciso coñecermos o pasado e neste libro explícase por que a nosa lingua propia está hoxe como está, non é algo natural a súa discriminación”, conclúe.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...