O Concello e o IES da Pobra repiten o curso de intelixencia emocional para as familias

14 Novembro 2023

As familias de alumnado da Secundaria da Pobra poderán adquirir ferramentas para a xestión emocional a través da segunda edición do curso para nais e pais Estrés e ansiedade na adolescencia que promoven a Concellaría dos Servizos Sociais, o IES da Pobra e a ANPA.

Juan Carlos Santiago, experto universitario en intelixencia emocional, será o encargado de impartir esta acción formativa no 18 de novembro, en horario de 09.00 a 14.00 horas, no salón de usos múltiples da instalación educativa.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, incide en que “hai que traballar o mundo das emocións” e outorgarlles as ferramentas necesarias ás familias para a xestión de determinadas situacións. Repítese así este curso, por mor do “éxito da anterior ocasión”, coa participación de máis de 30 familias, segundo declara a edil, e por causa da demanda ao respecto.

Tamén interveu a vicedirectora do referido centro de estudos, Belén Besada, quen apunta que a mellora do estado emocional do alumnado tamén redunda positivamente no rendemento escolar.

A inscrición efectuarase a través da aplicación abalarMóbil ou no propio IES.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...