O pasado mes de outubro desenvolveuse a terceira edición da iniciativa Camiño da Arte, coa que a Asociación de Empresarios de Ribeira buscaba novamente dinamizar o comercio e á vez levar a cultura e a arte ás rúas da cidade e da súa contorna. Nos case 40 establecementos adheridos a esta campaña os clientes e cidadáns en xeral puideron gozar das obras dos 28 artistas e artesáns participantes, todos eles da comarca do Barbanza.
Participaron os/as artistas Jontxu Argibay, Manuel Teira, Carmen Sampedro, Goretti, Patxi Paz, Rebeca Novo Castro, Miguel Crujeiras Ayaso, Teresa Ramallo, Ester Rincón-Benzalá Fernández, Olegario Sampedro, Teresa Argibay, Manuel Novo Bello, Carlos Barbieri, Maralla Paz Blanco, Ainhoa Pérez Millares, Beatriz Martinez del Campo y Ricoy, Jorge Darío Santarelli, Toña Somoza, Rosa María Suárez García, Beatriz F. Ferrín e Paco Casal.
Ademais, adheríronse á iniciativa os seguintes establecementos de Ribeira: Mandrágora, Sportbike, Peluquería Manuel Vilar Rey, Tiendas Pillados, Seguros Reale, Trazos Arte Studio, Náutica A Poutada, Miradoiro Ópticos, Deportes Black Estévez, Federópticos Filgueira Martínez, El Palacio del Bebé, Lápices de Colores, Lijo Decoración e Iluminación, Xade, Teresa Confecciones, Bazar de Oujo, Gena’s, Academia Yara, Terra de Candela, Leif Store, Rule’s, Os Nenos Xoguetería, Anelos, Calzados Horacio, Confitería Dominga, Chaira, Os Nenos Puericultura, Decorlux, Rovi, Ribalá, Trastiños, Regalos O Capricho, Electrodomésticos Milar Sampedro, Laguerzza, Lunares en Mayo e Champion Sport.