O PP de Ribeira urxe ao Executivo local a buscar un terreo para o novo centro de saúde

14 Novembro 2023

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira vén de emitir un comunicado a respecto do proxecto para construír un novo centro de saúde na cidade, para o cal é preciso atopar un terreo que cumpra coas esixencias do SERGAS en materia de envergadura e accesibilidade. No comunicado a agrupación popular urxe ao Concello a localizar canto antes un predio que conte coas características requiridas e poñelo a disposición da Consellería de Sanidade “para que os veciños non se queden sen o novo centro de saúde”. O PP sinala que se trata dunha instalación que foi incluída no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta de Galicia aprobado en outubro de 2021 que, ao duplicar o espazo actual, permitiría ampliar a oferta de servizos prestados e incrementar as consultas en áreas como médico de familia, pediatría ou urxencias extrahospitalarias.

No comunicado recoñecen que discrepan das declaracións do alcalde Luís Pérez Barral na súa visita da semana pasada á actual instalación xunto á Casa do Mar, “na que sostivo que a Consellería de Sanidade estaba a pedir demasiados metros cadrados de superficie, algo imposíbel de conseguir no casco urbano neste momento”.

O PP di que “os propios grupos do BNG, PBBI e PSOE desbotaron no pleno ordinario de marzo do 2023 a proposta do Goberno de Manuel Ruiz para poñer a disposición unha parcela de máis de 2.000 metros cadrados próxima á Escola Infantil Municipal e aos estacionamentos gratuítos de Abesadas”.

O PP sostén, pola contra, que existen no casco urbano varias parcelas que cumpren os requisitos, e “o único que se precisa é capacidade de xestión e vontade de atender as necesidades dos ribeirenses”.

E engádese no comunicado: “Lembramos que o Partido Popular trouxo no seu programa electoral outra alternativa consistente no desenvolvemento do Plan Parcial de Abesadas A previsto no PXOM: unha iniciativa para crear equipamentos, zonas verdes, aparcamentos, pistas deportivas e vivendas residenciais nunha superficie de 60.000 metros cadrados próxima aos Xulgados, que entronca coa Axenda Urbana de Ribeira Atlántica ao establecer entre os seus obxectivos a revisión das áreas de desenvolvemento e transformación do Plan Xeral de Ordenación Urbana vixente para mellorar a oferta residencial e mellorar o sistema de equipamentos e zonas verdes públicas do municipio”.

O Grupo Municipal ten previsto presentar “unha moción ao próximo pleno para que o Concello atope unha solución a esta necesidade”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.