Deputación, Concello de Ribeira e confrarías locais sentan as bases de futuras colaboracións

13 Novembro 2023

Reunión celebrada no Concello nunha imaxe de Alba Cambeiro

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os edís Francisco-Suárez-Puerta e Fernando Abraldes mantiveron unha reunión coa deputada delegada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán (Deputación da Coruña) e máis co patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, co propósito de discutir estratexias colaborativas destinadas a impulsar o desenvolvemento económico da contorna de Ribeira, do Barbanza, da provincia e de Galicia.

Nun esforzo por fortalecer a economía local e potenciar os produtos comercializados nas lonxas pesqueiras, durante a reunión abordouse a posibilidade de establecer novas liñas de axuda que permitan ás confrarías desenvolver estratexias comerciais efectivas. Destacouse a importancia de apoiar ás confrarías na promoción e comercialización dos seus produtos, “cun enfoque especial na creación dunha marca sólida”.

Ademais, o concelleiro de mar, Fernando Abraldes, expuxo á deputada a problemática que provén da prohibición de exportar a variedade de ameixa “relojito” fóra da península e acordaron seguir traballando sobre este punto.

A deputada expresou o seu compromiso co sector pesqueiro local e o seu desexo de colaborar estreitamente coas confrarías e o Concello para impulsar o crecemento económico en Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...