Veciños de Outes coñecen a actividade de SOGAMA a través dunha visita á planta de Cerceda

23 Outubro 2026

Máis de medio cento de veciños do municipio de Outes (A Coruña) viaxaron onte a Cerceda para coñecer a actividade de SOGAMA a través dunha visita organizada polo seu Concello. O obxectivo da mesma era que tomasen conciencia do percorrido que deben facer os residuos desde que se producen ata que se tratan en condicións axeitadas e a importancia que ten a colaboración cidadá na súa correcta xestión.

Educadores medioambientais especializados foron os encargados de explicar ao grupo a problemática que a día de hoxe representa a elevada xeración de lixo, así coma os xestos e prácticas que os cidadáns poden adoptar cada día para reducir a súa produción, para alongar a vida útil dos produtos a través da reutilización, e para propiciar a reciclaxe dos refugallos mediante a separación dos mesmos e posterior depósito nos contedores correspondentes.

SOGAMA lembroulles que seguindo as ditas indicacións “conseguiranse importantes beneficios ambientais, aforrando enerxía e materias primas, e tamén económicos para as arcas locais, xa que canta máis cantidade de residuos se envíen a reciclar e menos se depositen na bolsa negra, máis ingresos recibirán os concellos dos SCRAPS (Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor) e menor será o importe da factura a pagar a SOGAMA”.

A través de realidade virtual, e unha vez equipados con lentes inmersivas 360º, os veciños puideron visualizar, desde diferentes perspectivas e ángulos, a actividade de todas as plantas que conforman o Complexo industrial. É o caso da planta de clasificación de envases, onde se separan os envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo para o seu posterior envío aos centros recicladores, así como as instalacións que aglutinan o tratamento da bolsa negra (fracción resto), seleccionando en primeira instancia, e con tecnoloxía 4.0, a parte reciclábel e elaborando co resto un combustible CDR que alimenta unha planta termoeléctrica para producir enerxía eléctrica.

Esta experiencia complementouse cun itinerario guiado a pé e un coloquio final no que os participantes tiveron a oportunidade de realizar comentarios, consultar dúbidas e trasladar a súa valoración da visita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.