O predominio da influencia anticiclónica manterá o tempo seco, aínda que o vento do suroeste deixará refachos fortes no litoral de Bares a partir do mediodía
Galicia vivirá unha xornada marcada por unha situación meteorolóxica intermedia entre altas e baixas presións, aínda que cun maior predominio do anticiclón, o que garantirá un ambiente seco en toda a comunidade.
O estado do ceo caracterizarase pola alternancia de nubes e claros durante a mañá, cun aumento da cobertura nubosa a medida que avance a tarde, sen que se agarde ningunha precipitación ao longo de todo o día.
No tocante aos termómetros, rexistrarase un lixeiro contraste térmico: mentres que as temperaturas mínimas experimentarán un leve descenso respecto a días anteriores, os valores diúrnos tenderán a recuperarse cun lixeiro ascenso das máximas.(máximas de 15 graos no interior a 19 graos na costa)
O réxime de ventos estará dominado pola compoñente suroeste. Soprará frouxo con carácter xeral, aínda que gañará intensidade no litoral norte a partir do mediodía, con intervalos de moderado e refachos fortes na contorna de Estaca de Bares.

O noso mar; Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.



