Dodro participa con 4 prazas na Campaña da Neve da Deputación (entre o 2 e o 5 de febreiro)

13 Novembro 2023

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña da Neve 2024. Esta campaña desenvolverase na estación Valgrande – Pajares e está destinada á cativada de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.

A quenda de Dodro correspóndese co período comprendido entre o día 2 e o 5 de febreiro. A cota de participación é de 85 €. Ó Concello de Dodro correspóndenlle 4 prazas e terán preferencia as persoas que nunca fosen a ningunha campaña da neve da Deputación.

No caso de ter máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público diante da secretaria do concello para adxudicalas.

A inscrición formalizarase no rexistro xeral do Concello de Dodro con
data límite o 30 de novembro.

Para descargar a ficha de inscrición está habilitada unha ligazón específica na Rede na que poder achegar os nosos datos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.