
A semana pasada, ao abeiro da XXIV edición da Mostra de Curtas de Noia, entregouse ao actor galego (natural de Ferrol) Javier Gutiérrez o Premio Honorífico do festival audiovisual noiés. O actor visitou a vila para recoller o galardón e tamén con motivo da preestrea da súa nova longametraxe, Honeymoon, da que é o actor principal, e no que tamén actúa os galegos María Váquez e Antonio Durán “Morris”.
Javier Gutiérrez, gañador de dous premios Goya, é natural de Ferrol. Ten protagonizado grandes éxitos (de público e artísticos) do cinema español recente, como por exemplo Durante la tormenta (2018), de Oriol Paulo; Campeones (2018), de Javier Fesser; ou El olivo (2016), de Icíar Bollaín. Tamén protagonizou, entre outras moitas, O descoñecido (2015), do galego Dani de la Torre, rodada na Coruña.



