O Concello de Boiro organiza esta semana unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar

14 Novembro 2023

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, desenvolve esta semana unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar que achega aos escolares dos distintos centros de ensino do municipio á Casa da Cultura para asistir a diversas funcións escénicas. A cita comezou este luns e prolongarase ata o venres con sesións todos os días.

Participa na mostra todo o alumnado dos centros de ensino do municipio a partir de 5 anos. O obxectivo desta proposta é achegar o teatro á rapazada, promovendo hábitos e valores que favorezan o seu desenvolvemento persoal e social.

A primeira das representacións que se levou a cabo no marco deste programa foi Nanai de la China da compañía Pérez&Fernández, este martes será As palabras perdidas de Inventi Teatro, e durante o resto da semana representarase Frida de A cova das letras; Travesía Unicornio de Gazafelhos Teatro e Asablea xeral de Sarabela Teatro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.