A editorial rianxeira Axóuxere publica O governo neoliberal da vida, de Borxa Colmenero

13 Novembro 2023

A editorial Axóuxere, con sede en Rianxo, vén de lanzar un novo libro, estamos a falar de O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana, un ensaio crítico de Borxa Colmenero. O autor, nado en Vilar de Santos (1984) é filósofo político, xurista e activista e introdúcese con esta obra no pensamento de Foucault e en toda a crítica posfoucaultiana (desde Nikolas Rose ou Giovanna Procacci até Toni Negri, Giorgio Agamben ou Pierre Dardot) para observar a hipótese do desenvolvemento dunha teoría política do neoliberalismo como unha específica arte de goberno.

Unha razón de goberno que vai alén do feito espontáneo e natural para constituírse como unha política gobernamental que determina un cadro de xestión social dos individuos. Nesa hipótese os individuos (en contra da pasividade do suxeito da estatalidade da sociedade fabril) convértense en xestores activos e responsábeis de si mesmos. Administradores de si, empresarios de si, na xestión das súas capacidades, recursos, saberes, desexos e perspectivas.

O neoliberalismo presentado aquí non é a volta ao libre mercado senón, antes ben, un proxecto social fundamentado en valores, prácticas, cálculos e avaliacións específicas da economía política. Un neoliberalismo que transcende o xeito clásico como se entendeu para nos achegar cara a unha tecnoloxía de goberno que realiza unha profunda mutación nas maneiras de vida e no modelo epistemolóxico, no xeito en que os suxeitos se relacionan coa institucionalidade nada da modernidade capitalista.

Cómpre dicir que o prólogo deste libro é do filósofo ourensán Jorge Álvarez Yágüez, O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana é unha obra capital, fonda e de longo alento, que suscitará debates, críticas e, sobre todo, nutrirá intelectualmente un espectro do lectorado que busca reflexións fundamentadas para unha época convulsa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.