Lousame porá en marcha unha campaña cidadá de sensibilización contra a violencia de xénero no marco do 25N

14 Novembro 2023

O Concello de Lousame acolleu a XIII xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame. Unha reunión na que se presentou a campaña Voces de Lousame contra a violencia de xénero, que se vai poñer en marcha para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Teresa Villaverde explicou que “é unha actividade dirixida a sensibilizar á poboación xeral sobre a importancia da prevención da violencia de xénero”. Unha campaña convocada polo Concello de Lousame e financiada con cargo aos créditos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade.

Durante este mes de novembro, as persoas que desexen participar deberán enviar frases en mostra do seu rexeitamento da violencia sobre as mulleres comezando coa lenda: “Eu quero que…” indicando as cousas que desexen que rematen, cambien ou melloren en relación ás situacións de violencia machista e a igualdade entre mulleres e homes.

Para participar é preciso que a persoa comparta esa frase nas súas redes sociais, acompañándoa do cancelo #EuQueroQue e etiquetando ao Concello de Lousame ben en Facebook (facebook.com/concello.delousame), Instagram (/somosLousame) ou Twitter (@SomosLousame). En caso de non dispoñermos de redes, podemos participar enviando as imaxes por Whatsapp ao 689 126 385. É posible participar de xeito individual ou grupal e o prazo para entregar frases remata o 25 de novembro. Ao finalizar a campaña sortearanse 2 vales para unha cea para dúas persoas (entre as persoas que participen de xeito individual) e 2 vales de material deportivo (entre os grupos).

Resto da reunión

A reunión estivo presidida pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, e nela participaron Pilar Cobas Cajuso, directora CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Ángela Mª Costa Santos, enfermeira Centro de Saúde de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade. Todas elas interviron para actualizar a información sobre as actuacións levadas a cabo no municipio.

Así mesmo, a Mesa informou sobre o estado dos diferentes recursos de atención ás mulleres e promoción da igualdade que está a elaborar a Secretaría Xeral de Igualdade para o seu uso polas Mesas Locais e propuxo convidar a outros axentes sociais a participar na Mesa, así como a posibilidade de contar cun recurso de emerxencia para atender as necesidades de pernocta de mulleres vítimas en casos urxentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.