“Un mundo mellor” – José Manuel Pena

19 Xuño 2023

Os cambios que está a experimentar a nosa sociedade global esixen unha revisión e unha reafirmación dos valores éticos, para garantir un desenvolvemento equilibrado. A pesar de todo os gobernos parecen ser incapaces de atopar as ferramentas que devolvan a economía das súas nacións e indirectamente a do mundo aos niveis alcanzados en décadas anteriores á crise.

Mentres tanto manifestantes de todo o mundo mostran unha crecente intolerancia aos comportamentos pouco éticos das elites gobernantes. Unha xeración educada e conectada a Internet está a sublevarse contra os abusos de poder. Aumenta a corrupción, aumentan as débedas e a inseguridade económica, continúa o cambio climático e a brecha entre ricos e pobres séguese ampliando perigosamente, poñendo en risco o crear un futuro mellor.

De acordo co Banco Mundial preto de mil millóns de persoas podían estar a vivir aínda na extrema pobreza, preto do 70% destas persoas son mulleres e a elas corresponde tamén o 64% dos 775 millóns de analfabetos que hai no mundo. Moitos cremos que un futuro e un mundo mellor claro que é posible xa que o ser humano é capaz de evolucionar e reiventarse para facer realidade as súas aspiracións. Nos nosos días o valor da vida, a dignidade e os dereitos humanos é amplamente compartido.

Durante moito tempo demostrouse que o consumismo non proporciona o benestar desexado n in a felicidade e a época dunha crise social que se nos aveciña terá que levarnos a un mundo mellor favorecendo a Xustiza Social. Uns estudos recentes descubriron que os individuos que adican gran cantidade de tempo ao traballo voluntario teñen unha vida máis satisfactoria e son máis felices. É bo telo en conta.



                  

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.