Unha decena de locais participan no II Concurso de Tapas de Outes

14 Novembro 2023

Volve o Concurso de Tapas de Outes, logo do éxito (de participación e repercusión) da primeira edición, na que, como lembraremos, a consumición mellor valorada resultou ser a Tapa do Pumar, do Restaurante Fera, en Cando. Agora o Concello de Outes vén de compartir o cartel da segunda convocatoria, onde se amosan as datas (dúas quendas en novembro) e os locais participantes (unha decena).

Respecto das datas, celebrarase os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro. No que atinxe aos locais participantes serán os seguintes: Pepe do Coxo, Asador Albatros, A de Vila e O Taboleiro (O Freixo); John Turkey e Casa Amanda (Serra de Outes); Restaurante Fera (Cando); Bar Chouto (Valadares); Hostal Viña (Cruceiro de Roo); e A Nosa Taberna (Santo Ourente).

Quen participe entrará no sorteo dunha cea para dúas persoas valorada en 150 euros.

Primeira edición

O I Concurso de Tapas en Outes celebrou a súa máis recente edición entre o 3 e o 11 do pasado mes decembro, acadando unha grande aceptación entre os veciños e visitantes. A nota predominante foi a calidade das tapas que cada local puxo en concurso e a alta participación. Os datos resultantes, despois do reconto, din que foron case 2.600 tapas servidas e cunha valoración moi alta de todas elas por parte dos participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.