Rianxo conmemora o 25N con obradoiros creativos e cultura reivindicativa

12 Novembro 2023

O Concello de Rianxo compartiu o programa de actividades organizado pola Concellería de Política Social co gallo do #25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda, desenvolvida en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Boiro, inclúe obradoiros, espectáculos teatrais e exposicións e reivindicativas a desenvolver durante as vindeiras semanas en diferentes emprazamentos do termo municipal rianxeiro.

O programa comeza este martes 14 de novembro cun obradoiro práctico sobre convenios reguladores, de 19.00 a 21.00 horas no salón de actos do Auditorio Municipal. As actividades proseguirán o 18 de novembro cun obradoiro de defensa persoal feminina, no Pavillón Municipal de Taragoña, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Ademais, o martes 22 e o mércores 22 de novembro celebraranse charlas sobre ciberacoso para as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º da ESO dos centros educativos rianxeiros.

O martes 24 de novembro, en horario de 19.00 a 21.00 horas, presentarase no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o Glosario Violeta.

O 25 de novembro chegará un dos actos máis relevantes do programa: o acto institucional do Día para a Eliminación das Violencias contra as Mulleres. Representarase a peza teatral As paisaxes de Camille (a cargo da organización inclusiva da nosa comarca AMBAR) e inugurarase a exposición do tapiz de Ondiñas Mainas contra as agresións. Será ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal.

Ademais, haberá obradoiros de bailoterapia (Fogar das Mulleres) os xoves de novembro de 18.00 a 18.45 horas, no Centro Social da Capela (Araño); e o martes 28 de novembro pola tarde (de 18.00 a 20.00 horas), na Escola de Buhía (Araño) celebrarase o obradoiro creativo Bravas coma Medusas, descentes de Medusa, adicado ás vítimas de violencia sexual na nenez.

Outros artigos

Sufocado un incendio nun silo en Porto do Son sen danos persoais

Un incendio declarado na mañá deste martes nun silo situado na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son, quedou finalmente sufocado sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibíuse pasadas as 8:30 horas, cando un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.