Rosana Pérez acusa a Mar de permitir a “impunidade” da empresa dos helicópteros de Gardacostas

14 Novembro 2023

A deputada do BNG Rosana Pérez acusou este martes á Consellería do Mar de “permitir que a empresa adxudicataria dos helicópteros do Gardacostas de Galiza actúe con total impunidade ao incumprir gravemente o se contrato unha e outra vez”. E todo isto malia tratarse “dun servizo que”, lembrou, “ten entre outros cometidos o de salvar vidas”.

Rosana Pérez (A Pobra) criticou á Xunta por “permitir os incumprimentos” e “por non esixir o cumprimento escrupuloso do contrato e responsabilidades polo reiterado e descarado modus operandi da empresa”, asegurou, lembrando que “os galegos e as galegas vimos de pagar máis de 51 millóns de euros a Avincis nos últimos anos por un servizo que non prestou, nin presta, nas debidas condicións”.

Pérez tamén criticou que a Xunta adxudicase á mesma empresa o servizo por case 58 millóns, “pero por helicópteros con moitas menos prestacións”. “É incríbel”, considerou Rosana Pérez, que durante a súa intervención na Comisión 8ª referiuse como exemplo da súa denuncia ao helicóptero que a Xunta “vendeu coma novo” durante a recente visita que o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, fixo á base do Servizo de Gardacostas en Celeiro. “En realidade”, dixo, “trátase dun helicóptero que é un vello coñecido do Servizo porque leva oito anos facendo as substitucións da aeronave titular, só que agora está recentemente pintado”.    

Para a deputada do BNG estamos diante dun novo contrato “feito a medida” que supón un “recorte nas prestacións dos helicópteros”, e máis cando vai saír máis caro: “11,2 millóns de euros ao ano e un total de 57,7” dixo, criticando tamén que “o helicóptero en cuestión, o AW139, acade os 4,98 metros de lonxitude, mentres que a porta do hangar de Celeiro mida 4,60”, cifras que “demostran un dos incumprimentos referidos”, comentou, “pois xa o anterior contrato obrigaba á adxudicataria a acometer as obras necesarias para poder acceder aos hangares”. Ademais, engadiu, “o helicóptero só ten unha grúa, cando debería ter dúas, tal e como se establece nas especificacións técnicas esixidas no prego do contrato anterior”. No novo “prego a medida”, xa só se esixe unha grúa, lamentou Pérez Fernández.  

Neste momentos, lembrou a deputada do BNG, existe unha denuncia xudicial aberta motivada pola denuncia polo penal dun traballadora que puxo en risco a súa vida nunha manobra precisamente porque o helicóptero só contaba cun guindastre.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...