A Mancomunidade Barbanza Arousa pendurou nas redes sociais un fragmento do documental As voces da conserva emitido este xoves 25 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR). O audiovisual é un percorrido histórico e humano pola industria conserveira...
O XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza xuntará en Boiro a máis dunha vintena de profesionais da arqueoloxía os días 24 e 25 de febreiro
O Concello de Boiro celebra os días 24 e 25 de febreiro o XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza que organiza o Centro Arqueolóxico do Barbanza. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e o director do Centro Arqueolóxico, Víctor Barbeito, presentaron o programa dos...
Elefante Elegante aborda o tema do alzhéimer no seu novo espectáculo familiar “Kyoki” (este sábado en Muros)
Este sábado, 27 de xaneiro, ás 18.00 h, a compañía de teatro físico Elefante Elegante, liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro, presenta en Muros a súa última creación, unha peza de linguaxe xestual sobre o esquecemento, a vellez e a soidade desde unha ollada...
Empeza este venres a Semana Cultural de Aguiño con charlas sobre toponimia, música, baile, un espectáculo infantil e unha nova homenaxe a Francisco Lorenzo Mariño
Ofrenda floral ao sacerdote Francisco Lorenzo Mariño A Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM), con sede na parroquia de Aguiño (onde exerceu como sacerdote e dinamizador cultural e social, durante décadas, o benquerido párroco que dá nome á asociación), compartiu...
A elección no 44 de Castelao como “o primeiro presidente de Galiza” centrará as homenaxes ao político e escritor este domingo na súa vila natal
Nunha ampla convocatoria, este domingo día 28 de xaneiro no concello de Rianxo celebrarase a tradicional homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 29 de xaneiro de 1886 - Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950). Os motivos de seguir mantendo viva a chama do seu...
As aventuras do crocodilo Lilo, este sábado no Coliseo Noela
Este sábado 27 de xaneiro ás 18:30 horas volve o cine ao Coliseo Noela coa película Lilo, mi amigo el cocodrilo. Trátase dunha comedia musical para todos os públicos, protagonizada por Javier Bardem. A entrada é libre até completar aforo. A cita vén da man da Área de...
O Entroido de Outes inclúe actividades festivas para nenos e maiores e case 3.000 euros en premios
O tenente alcalde e concelleiro de cultura de Outes, Anxo Núñez Fernández, presentou este mércores 24 de xaneiro o programa de actividades de Entroido no concello. Segundo avanzou, dende o Consistorio repartiranse o vindeiro mércores 14 de febreiro ate 2.970€ en...
The Rapants sacan novo sinxelo: “Blaster W4u”, un tema “discotequeiro e para morrear”
The Rapants nunha imaxe de Andrea Freckleseye Blaster W4u, o novo sinxelo de The Rapants, “un tema discotequero e para morrear”, en palabras do grupo muradán, xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais. A canción, que se acompaña dun vídeo-clip no que participaron...
O xornalista Alberto Barciela distinguido en Madrid como Protagonista do Turismo de España e Iberoamérica
O xornalista Alberto Barciela, colaborador de "obarbanza.gal", foi distinguido en Madrid como un do Protagonistas do Turismo de España e Iberoamérica nunha gran homenaxe ante máis de tres centenares de invitados á Cea de Gala do 25º aniversario da páxina web do grupo...
Proseguen en Rianxo as actividades dos Actos Castelao
O Concello de Rianxo compartiu a axenda cultural destes últimos días de xaneiro, nos que son protagonistas as actividades dos Actos Castelao en homenaxe ao ilustre escritor, artista e político rianxeiro, organizados polo Concello en colaboración con entidades locais e...
A noiesa Chicha Blanco, no equipo de maquillaxe nomeado ao Óscar por “La sociedad de la nieve”
A película española La sociedad de la nieve, de Juan Antonio Bayona, foi nomeada este martes 23 de xaneiro aos premios Óscar á mellor película internacional e ao mellor deseño de maquillaxe e peiteado pola Academia de Hollywood. O filme de Bayona, que relata a...
A axenda do Entroido do Concello de Boiro vén este ano completa de actividades
O Concello de Boiro organiza un programa completo de actividades para o Entroido 2024 que conta coas propostas de entidades do municipio para facer “un programa pensado para todos os públicos”. Así o fixeron saber na presentación o concelleiro Marcos Fajardo, xunto co...
O Concello da Pobra celebra o 14 de febreiro cun concurso literario e co sorteo dunha cea para dúas persoas
Un concurso de cartas de amor e un sorteo fotográfico do banco do amor son as dúas actividades que lanza o Concello da Pobra do Caramiñal polo 14 de febreiro, Día dos Namorados. Organizados conxuntamente polas Áreas da Cultura e da Mocidade, a edil Patricia Lojo...
Pastor Rodríguez e Miguel Anxo Seixas participaron nuns Actos Castelao que proseguirán en Rianxo esta fin de semana
Pastor Rodríguez e Julián Bustelo Chegou á súa primeira fin de semana, con varias actividades de gran interese, o programa cultural dos Actos Castelo 2024 organizado polo Concello e asociacións culturais locais e comarcais como por exemplo Barbantia, entre outras. O...
Maneiro arrinca en Boiro, o 3 de febreiro na Pousada, a xira do seu novo traballo discográfico: “Un bonito despertar”
O vindeiro 3 de febreiro A Pousada da Galiza Imaginaria (Boiro) acolle a presentación do novo traballo discográfico de Javi Maneiro (vocalista da banda da nosa comarca Heredeiros da Crus). Trátase do seu cuarto álbum, Un bonito despertar. Segundo puidemos saber,...
A función “As vellas non deben namorarse” representarase no Teatro Cine Elma (A Pobra) este 21 de xaneiro
Teatro Airiños, de Rianxo, levará ás táboas do Elma a función As vellas non deben de namorarse, este 21 de xaneiro, ás 19.00 horas. Segundo a Área de Cultura da Pobra, "este é un cambio que se produce no cartel do ciclo de teatro afeccionado, pois a compañía prevista...
Laura Novelle fala da súa novela “Todo lo que he callado” ante o público pobrense
O público pobrense tivo a oportunidade de coñecer máis polo miúdo Todo lo que he callado, o novo libro de Laura Novelle. Trátase dunha novela de ficción que mestura o thriller policial e o romance cunha trama cun potente fondo histórico. Cunha xa considerábel...
A Casa da Cultura do Son acolle até o 5 de febreiro as obras máis destacadas da 16ª edición do Premio Luis Ksado
A sala de exposicións da Casa da Cultura de Porto do Son acollerá até o 5 de febreiro unha importante mostra fotográfica. Trátase da exposición que expón as mellores obras presentadas á 16ª edición do Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica, impulsado pola...
A Aula de Teatro de Noia presenta este sábado “Éxodo” no Noela, dirixida polo autor e actor local Jorge Gallardo
O Coliseo Noela de Noia celebra esta fin de semana unha representación escénica abeirada á mostra de teatro local e protagonizada polas alumnas e alumnas da Aula de Teatro (Escola Municipal de Teatro de Noia). Será este sábado de xaneiro ás 20:30 horas. A obra en...
Barbanza Arousa e a Deputación da Coruña presentan o documental “Voces da Conserva”
No boirense Pazo de Goiáns estreábase este mércores 17 de xaneiro o documental Voces da Conserva, da Mancomunidade Barbanza Arousa, financiado con fondos da Deputación da Coruña encamiñados a potenciar a estratexia turística do territorio. No acto da estrea o...
A asociación A Gamela inicia a elaboración (colectiva) do que sería o gran arquivo histórico de Cabo de Cruz
A asociación de tradicións mariñeiras A Gamela do Cabo da Cruz (Boiro) ven de conseguir unha axuda dos Grupos de Acción Costeira Local do sector Pesqueiro (os GALP) para desenvolver un proxecto de recuperación de memoria da parroquia do Castro, en Boiro. O proxecto de...
Maneiro presenta o seu último disco, “Un bonito despertar”, en sete localidades galegas
O cantante e compositor da nosa comarca Javi Maneiro, integrante dos Heredeiros da Crus, iniciará no mes de febreiro a xira de presentación do seu último álbum, Un bonito despertar, por teatros e salas de concertos de Galicia. O músico do Conchido (A Pobra) dará así a...
Arrinca con novidades a sexta edición do reto “21 días co galego e +”
Co inicio do novo ano comeza a súa andaina a sexta edición do programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística 21 días co galego e +, que colle a remuda e amplifica o legado do proxecto 21 días co galego, impulsado pola profesora Pilar...
18 finalistas disputaranse os oito galardóns dos Premios Youtubeiras 2023 (co-impulsados novamente por Rianxo e Rois)
Youtubeiras, o certame destinado a encher as redes sociais de contidos audiovisuais creativos na súa lingua, xa ten finalistas para os seus galardóns de 2023. Un total de 18 contidos aspiran a gañar algunha das oito categorías nas que se divide o certame nesta...
Bexo celebra este sábado a Festa da Eira da Malla
Este mes de xaneiro o lugar de Bexo (San Xoán de Laíño, concello de Dodro) celebra as súas festas. Comezaron este luns 15 de xaneiro, na honra de San Amaro, e incluíron dianas e alboradas e unha misa cantada ao mediodía na capela de San Amaro, a cargo do grupo Os...
Un equipo da USC crea un xemelgo dixital da Catedral de Santiago para xestionar no seu interior a circulación do aire
Un equipo de investigadores da Facultade de Física da USC vén de desenvolver unha representación virtual da Catedral compostelá coa que xestionar a circulación de aire no seu interior e preservar, deste xeito, a súa conservación. O seu traballo ten o punto de partida...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“A grandeza dos líderes”. Luís Celeiro
Ruxía el e ruxíanlle os dentes. Estaba acovardado por aquel ruído e aquel tremor do seu corpoenteiro, dende a cabeza ata a mesma punta dos pés. Ao parecer o tremor era máis intenso na súaparte dereita, na perna dereita, no brazo e no ombreiro da dereita, na orella...
“Basta!” – Manuel Domínguez
¡Basta ya! Ribeira no puede ser una cárcel donde habite el miedo. Miedo a salir de noche, miedo a que te asalten el establecimiento, miedo a que los coches en garaje, sean asaltados. Ribeira una cárcel sin rejas ni muros, donde los ciudadanos son prisioneros de 4...
“Galicia marca o camiño a seguir para evitar problemas no sector leiteiro” – Antón Luaces
A vindeira semana vai ter lugar unha xuntanza entre a Consellería de Medio Rural e as principais industrias leiteiras da comunidade autónoma galega, previa á prevista coas cadeas de distribución. O obxectivo de ambos os encontros non é outro que acadar...
“Devolver ao Estado o Pazo de Meirás debe ser considerado como recoñecemento de uso indebido e o dereito a indemnizar por tal feito” – Antón Luaces
Tres son os símbolos de poder de ditadura de Franco: o Val dos Caídos, o Palacio do Pardo e o Pazo de Meirás, este construido por orde da escritora galega Emilia Pardo Bazán a finais do século XIX. Convertido en residencia de verán de Franco e a súa familia durante...
“Memorias desaforadas de Alfredo Conde”. Alberto Barciela
Aquel neno que, vestido de mariñeiriño, se demoraba sobre a frescura da herba para buscar o alento da terra, non facía outra cousa que preparar o rumbo das súas navegacións futuras. Nese contacto primordial, o pequeno soñaba con barcos que hoxe, convertidos en...


























