Empeza este venres a Semana Cultural de Aguiño con charlas sobre toponimia, música, baile, un espectáculo infantil e unha nova homenaxe a Francisco Lorenzo Mariño

26 Xaneiro 2024
Ofrenda floral ao sacerdote Francisco Lorenzo Mariño

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM), con sede na parroquia de Aguiño (onde exerceu como sacerdote e dinamizador cultural e social, durante décadas, o benquerido párroco que dá nome á asociación), compartiu a axenda de actividades da nova edición da Semana Cultural de Aguiño, que chega á súa decimo novena edición e que vén cargada de propostas multidisciplinares. Serán tres xornadas con iniciativas para xente de todas as idades, todas de acceso gratuíto e ata encher aforo, os días 26, 27 e 28 de xaneiro.

O primeiro día, venres 26, os protagonistas serán o filólogo e mestre Fernando Cabeza Quiles acompañado do fotógrafo local Antonio Parada Mariño, quen darán unha conferencia sobre toponimia local baixo o título Os topónimos da terra e do mar de Aguiño cunha proxección de imaxes dos lugares e elementos dos que se fale, realizadas por Antonio Parada “Tucho Parada”.

A xornada continuará unha actuación musical do grupo de canto e pandeireta As 7 linguas da asociación, que interpretarán cantar e xota de Rubión, pasodobre e xota de Mondariz e zaraghallada de muiñeiras, formada por 8-10 integrantes coa profesora Manola Valiño. Na mesa estarán ademais da presidenta da asociación, Elvira Pisos, o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral para inaugurar esta edición; ao remate desta xornada realizaremos un ágape de confraternidade cun viño galego para todos os asistentes.

Vero Rilo actuará en Aguiño con Santi Cribeiro

O sábado 27 serán os actos do 20 aniversario do pasamento de Francisco Lorenzo Mariño, que finou o 16 de xaneiro de 2004; primeiro ás 17 h cunha ofrenda floral e lectura de manifesto cunhas gaitas do país no cemiterio de San Vicente de Noal en Porto do Son, onde está soterrado, e despois coa misa aniversario na igrexa parroquial de Aguiño ás 19 h; pechará o día un espectáculo de música e contos tradicionais titulado Tralalareira a cargo de Vero Rilo e Santi Cribeiro (do grupo Berrogüeto) no conservatorio de Aguiño ás 20 h.

O domingo 28 os máis cativos terán a oportunidade de asistir a un espectáculo infantil e familiar a cargo de Tarabelos baixo o título Debulando lendas galegas, será ás 18 h no Conservatorio de Aguiño.

Todos os actos son de entrada libre e gratuíta. Para a realización destas actividades, a asociación contou coa colaboración do Concello de Ribeira, Deputación da Coruña, Conresa, Digar, Farmacia Mariño, Fripusa, etc.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.