“Un Avril para maio chegou á estación da Coruña con medio século de retraso”. Antón Luaces

16 Maio 2024

Sair da Coruña en dirección a Madrid en tren significaba, aló polos principios dos años 60 do século pasado, unha media de 14 horas de troupelear nunha especie de batedor con mistura de fume negro, vapor, constantes asubíos atronadores e paradas de duración indeterminada ata chegar de media mañá á que daquelas era Castilla la Nueva: Madrid, vila capital de España.

Antes de que esta “arribada” á estación do Norte se producira, o tren La Coruña-Madrid recollera todos os fríos nocturnos dende o seu paso pola provincia de Lugo en noite peregrina ata chegar á estación de Segovia onde, xunto cun café podías saborear un augardente local que sabía a anís e que servía, ben, moi ben, para erguer os deitados ánimos en calquera das clases (1ª, 2ª e 3ª) na que un viaxara. 

En Madrid, na vella estación do Norte comezabas a experimentar a caótica vibración dunha veciñanza que nunca sabías se ía ou viña. 

Sair de Santiago ou facelo dende Vigo cara á capital do Estado: non baixabas das catorce horas de traxecto e un “bocadillo” para matar a fame. Sí, un tren que en calquera dos casos, levaba coche-restaurante caro e malo.

Dende este xoves, as cousas mudan: xa está probado o tren de alta velocidade que, a partir do 21 de maio, porá Madrid ao alcance dos usuarios deste medio de locomoción que é o tren Avril de Talgo explotado por RENFE para a alta velocidade que vai competir -coido que ventaxosamente- cos avións que operan dende os aeroportos de Culleredo (A Coruña), Lavacolla (Santiago) e Peinador (Vigo).

Con dous anos de retraso este Avril chegaba á antiga Estación de Santiago, na Coruña, o tren de alta velocidade da serie 106 de Renfe, no que viaxaban, entre outros, o ministgri de Transportes e Mobilidade Sostible, o presidente da Xunta. o alcalde de Ourense e outras autoridades, que foron recibidos a pé de tren pola alcaldesa da Coruña. Este tren “voou” dende Chamartín a 300 quilómetros por hora, investindo pouco máis de tres horas  nun percorrido no que moitos temos botado unha boa soneca de non menos de 9 ou 10 horas, con tempo para fumar, pasear, tomar algo no vagón restaurante e, de paso, ler que en Xapón, o tren bala acadaba velocidades de ata 400 quilómetros por hora.

Xa temos tren de alta velocidade. Os que gardamos memoria dos antigos trens con dúas horas de viaxe as Santiago de Compostela cavilaremos sobre o aguante que tivemos para aguantar unn tren que dicían era máis familiar.

Xaora!-

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...