“Reforzar a dignidade humana e rebaixar a polarización, chamado do Papa en Madrid” – Antón Luaces

09 Xuño 2026

O papa León XIV vivirá hoxe en Barcelona unha nova experiencia que, na súa condición de cabeza visible da igrexa católica, nunca antes sentira. Madrid foi estes dous últimos días a proba de fogo dun papa nado en Estados Unidos de América que soubo dicir non  á guerra declarada polo  presidente do seu país e o primeiro ministro de Israel contra países -maiormente de Oriente Medio- que non viven en paz dende 1948. Poido comprobar e dicilo en alta voz tanto na catedral da Almudena coma no estadio Bernabeu en Madrid, diante de máis de cen mil persoas que, en ambos lugares seguiron con atención todas e cada unha das verbas que León XIV pronunciou no seu intento de convencer á multitude da necesidade que existe de reforzar a dignidade humana e rebaixar a polarización, aspectos estes que, aínda sen citalos expresamente, resulta doado atopalos na España de 2026  para alguén que, como é o caso do Santo Pai, ben pode falar sen ambaxes da emigración e os seus efectos e as consecuencias políticas da polarización porque tamén se rexistran no seu país de nacemento.

Chamou tamén León XIV ao diálogo e á paz, defendeu a inmigración e o dereito á vida en tódalas súas etapas (é igrexia) e eu, particularmente, imaxinei as facianas dos responsables de partidos políticos coma VOX e PP que non aceptan de bo grao a connivencia cos que coidan que o nacional vai sempre por diante. 

Ao mesmo tempo cavilei sobre o que pensaría Isabel Díaz Ayuso do dito en Madrid polo Papa e asumo que me levaría unha grandísima sorpresa se alguén pode demostrarme que o dito polo Papa fai que a presidenta da comunidade madrileña modifique o tantas veces dito por ela para xustificar o seu rexeitamento a canto signifique aceptar aos migrantes.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.