A Xunta celebra na Coruña o homenaxe a Luísa Villalta no Día das Letras Galegas. Sesión Extraordinaria da Real Academia este venres en directo

16 Maio 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou no acto académico da USC e este venres 17 de maio, na axenda institucional da cidade herculina cunha exposición ao redor da autora e cun acto aberto á cidadanía 

A Xunta centrará este 17 de maio, os actos principais de celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade natal da homenaxeada Luísa Villalta, coa inauguración dunha exposición na Casa do Concello, na se que repasa a traxectoria literaria e vital da escritora, e cun grande acto institucional no Teatro Colón aberto á toda cidadanía. 

No entanto, cómpre destacar a importante implicación, no que levamos de mes, das diferentes institucións e da cidadanía galegas na conmemoración das nosas Letras e na que se está a por en valor a figura poliédrica de Luísa Villalta; poeta, ensaísta, dramaturga, música e docente. Esta celebración colectiva intensificouse nestes últimos días con concertos, obras teatrais para todos os públicos e diferentes concursos escolares.

No marco desta programación, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe ao acto académico da Universidade de Santiago de Compostela en honra da escritora coruñesa, no se presentou o libro Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luísa Villalta e se pronunciou a conferencia As feridas no ar. Sobre a figura poliédrica de Luísa Villalta, a cargo de María Xesús Nogueira Pereira, profesora do departamento de Literatura galega, e de Montserrat Pena Presas, docente do Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación.

Actos institucionais dos 17 de maio na cidade da homenaxeada

A Coruña será o epicentro da celebración do Día das Letras Galegas, por ser a cidade berce da homenaxeada e estar moi presente na súa obra. Un dos actos institucionais principais, ademais do pleno extraordinario de la Real Academia Galega, é a inauguración na Casa do Concello da exposición A música das palabras, que a Xunta realiza en colaboración coa editorial Galaxia, na que se repasa a traxectoria biográfica e profesional da polifacética escritora.

Nela percórrese a súa ruta vital, co fin de axudar a comprender quen foi, que nos deixou e que implica a súa figura no panorama contemporáneo cultural de Galicia. O proxecto componse de 14 paneis compostos por textos, concisos e divulgativos, e cunha ampla información visual. O obxectivo é reflectir a súa traxectoria vital, intelectual e profesional, con dous deles especialmente referido á súa relación coa Coruña, a súa ‘Cidade Alta’, con versos dos seus poemarios e fotografías de Xurxo Lobato.

Tras a inauguración será o momento do grande acto institucional aberto ao público que se celebrará ás 11,00 horas no Teatro Colón da Coruña e contará coa participación e intervención dos máximos representantes do Goberno galego, da Real Academia Galega e do Concello da Coruña, ademais de que tamén intervirá nesta cerimonia un membro da familia de Luísa Villalta.  Sumaranse a esta celebración —aberta á sociedade e que contará con diferentes actuacións musicais— autoridades e membros de colectivos e asociacións e entidades vencelladas aos eidos culturais e socieconómicos de Galicia.

A Real Academia Galega emitirá en directo pola rede a sesión extraodinaria a partir das 12.30 desde o seguinte enlace:

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.