
Como cada mes chega un novo número de “O Barbanza” na súa edición impresa que chega ós seus CINCO ANOS, desde que nacera o 17 de maio de 2019.
A publicación xa en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos das nosas Letras nos concellos da comarca.
Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 7.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.
Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.189 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.
Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.
As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.
O próximo número da nosa publicación impresa sairá a mediados de novembro. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.