Valentín García e Anxo Lorenzo inauguran na Biblioteca de Galicia unha mostra de libros, publicacións, fotos e CDs de Luísa Villalta

16 Maio 2024

A Xunta inaugurou na Biblioteca de Galicia a exposición Luísa Villalta, a memoria dos sons, sumándose á homenaxe este ano polo Día das Letras Galegas á escritora coruñesa. A mostra fai un repaso pola súa traxectoria dende a poesía e a narrativa ata o teatro ou a súa estreita relación coa música, ademais de facer fincapé no seu activismo social. O percorrido reúne 62 pezas entre libros, publicacións periódicas, fotografías, documentos e CDs de música, pertencentes aos fondos custodiados no Gaiás e do arquivo familiar de Luísa Villalta.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacaron durante o acto de inauguración “a grande contribución desta escolma bibliográfica” porque, dixeron, “redescúbrenos a figura dunha muller moi polifacética a través de documentos pouco coñecidos polo público en xeral e que permiten construír un relato moi completo sobre o seu legado e contribución ás nosas letras e á nosa cultura dende moi diversas perspectivas”.

Segundo explicaron García e Lorenzo, a mostra inaugurada parte dun currículo vitae redactado pola propia Luísa Villalta en 1987 no que se recolle moita información sobre a súa formación, sobre todo a nivel musical (formou parte da Xove Orquestra de Galicia), e complétase con documentos que reflicten a súa participación activa na Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega ou na Mesa pola Normalización Lingüística. Así, nunha das vitrinas amósase un ensaio importante na súa bibliografía titulado O outro lado da música, a poesía:relación entre ambas artes na historia da literatura galega, considerado un punto de vista inédito na interpretación dos textos literarios galegos.

As obras teatrais publicadas nos Cadernos da Escola Dramática Galega, dirixida por Francisco Pillado Mayor, ou varios dos seus poemarios son outras das pezas que contén a mostra.

Máis actividades na Cidade da Cultura

Ademais desta exposición, a Biblioteca de Galicia tamén suma na súa programación das Letras Galegas o espectáculo Indóciles, no que Vero Rilo, narradora; Nuria Vil, recitadora, e Mónica Nut, música, mergullarán os espectadores, a través destas tres disciplinas, na obra desta autora. Será o sábado 25 de maio, ás 19 horas.

A Cidade da Cultura tamén está a organizar estes días a súa tradicional lectura participativa das Letras Galegas, protagonizada polas persoas visitantes que prestan as súas voces para darlle vida aos versos de Luísa Villalta. A selección de textos para a lectura foi realizada pola tamén poeta e profesora Oriana Méndez (Vigo, 1984), e abrangue unha escolma de vinte poemas dos catro títulos que Luísa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004).  O vídeo será difundido na páxina web e redes sociais da Cidade da Cultura o propio 17 de maio.

Carreira Camiño das Letras

Por outra banda, o Gaiás tamén será escenario da Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva  coa que colabora a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que pon en valor esta celebración e o Camiño de Santiago conxuntamente.

A décima edición desta carreira, que como cada ano forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, celébrase mañá venres e constará de dúas probas absolutas nas que poden participar atletas federados ou sen federar. Unha terá un percorrido de 15 km e partirá ás 10,00 horas do Pico Sacro pasando pola Ruta da Prata ata a Cidade da Cultura, e outra de 5 km, que comezará ás 10,05 horas no Gaiás e seguirá un circuíto polo Bosque de Galicia.

Outros artigos

Martes con chuvascos e temperaturas sen cambios

Xornada de inestabilidade atmosférica, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente fortes diminuíndo cara a noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...