O tempo manterase este luns 2, Fieis Defuntos, estable no comezo da semana con néboas matinais e contraste térmico O inicio da semana estará marcado pola continuidade dunha situación atmosférica moi estable en toda a comunidade galega, sen cambios significativos a curto prazo.
Durante as primeiras horas do día agárdase a formación de bancos de néboa nos vales do interior. Conforme avance a xornada, estas néboas iranse disipando, dando paso a ceos despexados ou con nubes altas durante a tarde. A única excepción atoparase no extremo norte, concretamente na comarca da Mariña lucense, onde persistirá nebulosidade de estancamento.
No relativo aos termómetros, as temperaturas non experimentarán variacións notables, manténdose un elevado contraste térmico entre os valores mínimos da madrugada e os rexistros máximos das horas centrais do día(mínimas de 8 graos e máximas de 20 en Santiago e interior e 25 na costa). Pola súa banda, o vento soprará de compoñente nordés, rexistrando intervalos de intensidade moderada tanto na franxa costeira do norte como nos puntos altos do interior galego.

O noso mar: ento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



