A axenda do maio cultural de Noia deu comezo o sábado 4 coa entrega do Premio Literario Antón Avilés de Taramancos, edición XXII, ao rianxeiro Xosé Ricardo Losada polo libro Un inferno frío, e proseguiu o xoves 9 coa presentación de Pasado Arrincando. Lugares de memoria democrática en Galicia.
O 12 de maio celebrouse unha ruta literaria seguindo os pasos do escritor local Avilés de Taramancos, que puxo o foco no seu legado de vida.
O venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, farase unha ofrenda floral ás 12.00 perante os bustos de María Mariño e Antón Avilés de Taramancos na Alameda. Ás 12.15 horas será a quenda dunha intervención teatralizada a cargo de Serafín Marcos: Historia da palabra.
O venres 24 presentarase o libro El despertar de los clones, de José Manuel Castro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura.
O domingo 26 de maio o Teatro Coliseo Noela acollerá o espectáculo Musicalizando, a partir das 18.30 horas. O sábado 1 de xuño representarase a peza teatral Escenas de aquí e de acolá! de Lúa Chea, no Coliseo Noela, a partir das 20.00 horas. O venres 7 de xuño ás 20.30h presentaranse os libros Marea (novela) e 5 (poemas) da escritora da nosa comarca Ana Lojo, na Casa da Cultura.
O 8 de xuño ás 20.30 horas haberá poesía no Coliseo Noela, da man de Jorge Gallardo, que presenta Poesía viva.




