Arrinca con novidades a sexta edición do reto “21 días co galego e +”

17 Xaneiro 2024

Co inicio do novo ano comeza a súa andaina a sexta edición do programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística 21 días co galego e +, que colle a remuda e amplifica o legado do proxecto 21 días co galego, impulsado pola profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal. Entre as novidades desta nova convocatoria figura a incorporación dos centros de Educación Infantil como participantes.

Así o avanzaron este mécores 17 de xaneio, no acto de apertura desta iniciativa, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, que destacaron “a importancia de enfocar nas primeiras etapas educativas o esforzo dinamizador e normalizador da lingua galega”. Tamén estivo presente o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes.

Nesta nova edición, que se desenvolverá en 10 centros de Educación Infantil e Primaria das catro provincias entre o 17 de xaneiro e o 6 de febreiro, participarán voluntariamente 4.587 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, unha cifra que “por segundo ano consecutivo bate récord de participación nesta iniciativa”, sinalaron.

Na sesión de apertura, que acolleu a Facultade de Ciencias da Educación baixo a organización do Colexio CEIP López Ferreiro, tamén participaron representantes institucionais e o profesorado e alumnado do centro. Ademais, os restantes nove centros adscritos ao programa realizaron cadanseu acto de apertura ao longo do día de hoxe.

Baixo o lema Medrando en galego, o alumnado dos centros participantes intensificará voluntariamente a súa expresión en galego durante 21 días. Disto quedará constancia nas redes sociais do programa e no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se mostrarán as creacións dos centros participantes e onde, por primeira vez, “publicarase durante as tres fins de semana contido lúdico para que as familias continúen o labor iniciado nos centros”, explicou Valentín García.

Por outra banda, 21 días co galego e + manterá a colaboración externa co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde terá unha sección diaria de luns a venres, e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que terá encontros co alumnado dos 10 centros educativos.

O broche de ouro da edición porao de novo o Encontro 21 días co galego e +, que na súa segunda edición, reunirá o 21 de febreiro, Día da Lingua Materna, o alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Auditorio Domingo Fontán do Gaiás para compartir, nunha sesión lúdica, as súas experiencias no programa.

Centros voluntarios participantes

Neste curso 2023/24 o programa desenvolverase nos colexios CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo), CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela) e CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), na provincia da Coruña; no CEIP Plurilingüe de Nadela e CEIP Frei Luís de Granada (Sarria), en Lugo; no CEIP O Couto (Ourense) e CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras), en Ourense e no CEP Campolongo (Pontevedra), CEIP Plurilingüe García Barbón (Vigo) e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo), na provincia de Pontevedra.

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...