A axenda do Entroido do Concello de Boiro vén este ano completa de actividades

23 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro organiza un programa completo de actividades para o Entroido 2024 que conta coas propostas de entidades do municipio para facer “un programa pensado para todos os públicos”. Así o fixeron saber na presentación o concelleiro Marcos Fajardo, xunto co presidente de Peñas Boiro AC, David Laíño; e o representante da Comisión de Festas da Boliña, Juan Carlos Tubío.

As actividades do Entroido comezan o venres 9 de febreiro ás 20.30 horas coas Abadesas e charanga TNT na rúa peonil. O sábado 10 de febreiro celebrarase a XV Festa da Orella de Porco que organiza a Comisión de Festas da Boliña a partir das 19.00 horas no campo de Revelar con dúo Charada e Chocolate sorteos. “Animamos a toda a xente a que veña disfrazada a desfrutar con nós desta festa do Entroido”, afirmou Juan Carlos Tubío.

A proposta de Peñas Boiro AC será a que dea continuidade á programación do sábado cunha gran festa a partir das 23.00 horas coa actuación dos DJs Marcos Magán, Mateo Fajardo, Xacobo de Mínimo Eventos e discoteca móbil Euphoria. “Despois da gran acollida do ano pasado decidimos seguir apostando por esta festa de Entroido o sábado en Boiro”, afirmou David Laíño

O concelleiro Marcos Fajardo convidou á veciñanza a sumarse ás distintas propostas para o Entroido e agradeceu “o gran traballo que fan as asociacións, xa que sen elas non poderíamos contar cunha programación tan variada e pensada para todos os grupos de idade”.

Segundo indicou, o domingo día 11 está prevista a festa infantil de disfraces cun desfile que sairá ás 17.00 horas da praza da Mancomunidade pola rúa peonil ata a praza de Galicia, onde haberá festa infantil con DJ Matrek.

O martes de Entroido será o día do Concurso de Carrozas e Disfraces a partir das 18.00 horas na praza de Galicia con premios para os disfraces individuais e de grupo e tamén carrozas. Ademais o programa tamén inclúe animación musical e de rúa durante a tarde.

Entre o 12 e o 14 de febreiro desenvolverase no Centro Social de Cabo de Cruz un obradoiro de repostería e traballos manuais de Entroido para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse na Casa da Cultura de Boiro.

A programación de Entroido continuará a fin de semana seguinte coa celebración dos entroidos nas parroquias. Un tren fará as paradas nas distintas parroquias para asistir ás 11.00 horas ao Enterro do Farruco en Cabo de Cruz e ao desfile do Entroido de Cabo; ás 13.30 horas o Enterro da Cunca en praia Xardín; ás 16.30 horas o Enterro do Óso en Abanqueiro e ás 18.00 horas o Enterro do Felipiño en Escarabote.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.