Pastor Rodríguez e Miguel Anxo Seixas participaron nuns Actos Castelao que proseguirán en Rianxo esta fin de semana

22 Xaneiro 2024
Pastor Rodríguez e Julián Bustelo

Chegou á súa primeira fin de semana, con varias actividades de gran interese, o programa cultural dos Actos Castelo 2024 organizado polo Concello e asociacións culturais locais e comarcais como por exemplo Barbantia, entre outras.

O venres 19, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (director do Museo do Gravado de Artes e membro de Barbantia), analizou a obra plástica de Castelao centrándose no uso que o escritor rianxeiro este fixo do gravado e no linogravado.

Na xornada deste domingo 21 de xaneiro, Miguel Anxo Seixas, fixo un repaso da presenza de Castelao na prensa, tanto como humorista gráfico e como redactor de numerosos artigos.

En ámbolos dous casos os relatores estiveron acompañados do alcalde rianxeiro, Julián Bustelo.

O alcalde rianxeiro e Miguel Anxo Seixas

Programa

Os Actos Castelao 2024 conmemoran novamente o legado artístico, humano, cultural e político do ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

–MÉRCORES 17/01/24, 12.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: apertura da mostra do XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña.

–VENRES 19/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

RELATORIO: Castelao artista gráfico, a cargo de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital; acompañado por Julio Alcalde, Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo.

.SÁBADO 20/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

CHARLA COLOQUIO: Castelao na prensa, a cargo de Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao; acompañado por Julián Bustelo, Alcalde do Concello de Rianxo e intervención musical de Noelia Gómez e Rui Grenha musicando textos de Cousas de Castelao.

–VENRES 26/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala Arcos Moldes)

LIBROS: presentación de O libro secreto da filosofía de José Carou Rey, coas intervencións da ilustradora da obra, Sara Valcárcel; a profesora e tradutora Margarita Fernández Gómez; o escritor e membro de Barbantia, X. Ricardo Losada; o Director de Producións da Editorial Galaxia,, Xesús Domínguez; o Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde e o propio autor.

Intervención artística e coloquio a cargo de Miguel Mosquera. Apertura e peche musical a cargo de Tano Domínguez (piano) da Escola de Música de Rianxo.

–SÁBADO 27/01/24, 12.00, PASEO DA RIBEIRA (busto de Castelao)

OFRENDA FLORAL: Intervención de autoridades. Acompañamento musical a cargo de Río de Anxo.

–DO MÉRCORES 17/01/24 AO XOVES 15/02/2024, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña

Organizados polo Concello de Rianxo xunto coa colaboración da Deputación da Coruña, o Museo da Artes do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, a Asociación Barbantia, a Fundación Castelao, a Escola de Música de Rianxo, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia.

Máis información no sitio web do Concello de Rianxo, 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.