O Entroido de Outes inclúe actividades festivas para nenos e maiores e case 3.000 euros en premios

25 Xaneiro 2024

O tenente alcalde e concelleiro de cultura de Outes, Anxo Núñez Fernández, presentou este mércores 24 de xaneiro o programa de actividades de Entroido no concello. Segundo avanzou, dende o Consistorio repartiranse o vindeiro mércores 14 de febreiro ate 2.970€ en premios. Será a través do concurso de disfraces. O programa de actividades inclúe o Desfile de Entroido, o Enterro da Sardiña e unha chocolatada con música a cargo da charanga Os Jalácticos.

Nestas datas Outes tamén contará con programación para as familias con obradoiros de carautas e accesorios, pintacaras, globoflexia, inchábeis, minidiscos e outras actividades infantís na festa do entroido para os cativos. “Queremos convidar a veciños e visitantes a desfrutar do noso Entroido”, sinalou o concelleiro, lembrando que podemos consultar toda a programación e información para o concurso na páxina web do concello.

Axenda

-7 e 9 de febreiro – Obradoiro de carautas e accesorios do Entroido.

De 17:30 a 19:00 horas na Casa da Cultura

Para nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. Máximo 6 prazas, por orde de inscrición. Reservar praza chamando á Casa da Cultura (teléfono: 981 850 950).

-10 de febreiro – Festa de Entroido para os cativos.

Ás 17:30 horas no Pavillón da Serra de Outes

Obradoiros de pintacaras, tatuaxes e globoflexia. Inchables grandes, minidisco, photocall e ás 19:00 horas o espectáculo Bailando de Animarte.

-14 de febreiro – Enterro da Sardiña e Concurso de Disfraces e desfile polas rúas da Serra.

No concurso repartiranse ate 2.970 € entre os mellores disfraces nas categorías de infantil, individual, grupos e comparsas.

A cualificación do xurado será no Pavillón Polideportivo da Serra ás 17:00 horas.

Para inscribirnos no concurso haberá que enviar o formulario debidamente cuberto ao correo electrónico animacion@outes.gal, no rexistro dixital ou no presencial do concello ata o luns 12 de febreiro ou, presencialmente o mesmo día do concurso antes das 16:30 h, no polideportivo da Serra.

Ao remate terá lugar o Desfile de Entroido amenizado pola charanga os Jalácticos, con saída na praza de Galicia e remate na praza do Bosque, onde se queimará a Sardiña, farase a entrega de premios e terá lugar a chocolatada. En caso de chuvia suspenderase o desfile.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...