Elefante Elegante aborda o tema do alzhéimer no seu novo espectáculo familiar “Kyoki” (este sábado en Muros)

26 Xaneiro 2024

Este sábado, 27 de xaneiro, ás 18.00 h, a compañía de teatro físico Elefante Elegante, liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro, presenta en Muros a súa última creación, unha peza de linguaxe xestual sobre o esquecemento, a vellez e a soidade desde unha ollada poética, cómplice, cómica e reflexiva. As entradas para ver Kyoki -palabra que significa “demencia” en xaponés- pódense reservar xa nas oficinas do Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros ou a través da páxina web municipal.

O alzhéimer dende unha ollada poética

O alzhéimer desde unha ollada poética e cómplice é o fío condutor de Kyoki, o último espectáculo da compañía de teatro físico Elefante Elegante. A nova peza para público familiar dos creadores María Torres e Gonçalo Guerreiro é unha viaxe emotiva da infancia á vellez a través da memoria; unha obra de linguaxe xestual cómica e reflexiva sobre o esquecemento e a soidade, que se poderá ver no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros este sábado, 27 de xaneiro, ás 18.00 h.

Protagonizada por María Torres, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, Kyoki é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 6 anos. A peza investiga, dun xeito poético e cómico, sobre a alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. Porque, se ben é certo que esta condición adoita aparecer en persoas de idade avanzada… Quen non esqueceu algunha vez onde colocara a caixa das galletas? Ou, quen, por distracción, non vestiu nunca o xersei do revés? Kyoki quere ser unha ollada sensible ás experiencias que viven as persoas que precisan ser coidadas e mais as propias coidadoras.

A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá. O xogo teatral de Kyoki baséase no traballo plástico da corporalidade da protagonista en escena e na súa constante interacción cos elementos escenográficos, para definir unha secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un total protagonismo. A posta en escena fundaméntase xa que logo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflicten desexos, sentimentos e todos os estados dramáticos definidos.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.