The Rapants sacan novo sinxelo: “Blaster W4u”, un tema “discotequeiro e para morrear”

25 Xaneiro 2024
The Rapants nunha imaxe de Andrea Freckleseye

Blaster W4u, o novo sinxelo de The Rapants, “un tema discotequero e para morrear”, en palabras do grupo muradán, xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais. A canción, que se acompaña dun vídeo-clip no que participaron ducias de veciñas e veciños de Muros, é o primeiro avance que a banda dá a coñecer do seu terceiro LP, La máquina del buen rollo, que se publicará en datas vindeiras.

“Eu sijo en Blaster waiting for you / na luna eras menos complicada / cántoche temas para reír / porque toda esta música está inventada”. Así comeza  Blaster W4u, o novo sinxelo de The Rapants, que desde este xoves 25 xa está dispoñíbel nas principais plataformas dixitais. O tema é o primeiro corte que se dá a coñecer do esperado terceiro álbum de estudio da banda muradá.

“Blaster W4u é un tema moi animado e bailongo. É unha peza moi discotequeira e que fixemos especificamente para morrear”, explica o cuarteto sobre o primeiro avance do seu novo LP, engadindo que buscamos “arrancar cunha canción animada e cunha letra moi nosa. Esta é unha boa carta de presentación do que está por vir neste 2024”, engaden Matías, Samuel, Xanma e Xaquín, autores e produtores, xunto con Paco Loco, do sinxelo. 

O sinxelo acompáñase dun vídeo-clip que se estreou este mércores 24 pola noite (22.00h) na canle de Youtube de The Rapants e no que, ademais dos membros da banda, participan tanto a bailarina Iria Veiga coma ducias de veciñas e veciños de Muros e doutras comarcas. En total, máis de 400 persoas estiveron implicadas na rodaxe da peza, producida por La Bellavista e dirixida por Juan Barbazán e Whyso, “Foi moi emocionante ver a tanta xente de Muros implicada na gravación coa súa participación, apoio e achegas. A rodaxe foi incrible. Énchenos de orgullo e cousas coma esta dan moita forza para seguir adiante”, expón o grupo, que xa está a preparar a rodaxe do seguinte audiovisual, e para o que tamén fará unha festa na discoteca La Luna.

Máis alá do compoñente colectivo e do apoio da veciñanza, o vídeo de Blaster W4u salienta tamén por presentar unha estética vintage a través da que se narra a despedida multitudinaria dun mariñeiro.Rrodouse o pasado mes de decembro en distintas localizacións de Muros, co porto e o mar como escenarios centrais, “elementos cos que nos identificamos moito e que son sinal de identidade da nosa vila”, asevera a banda. A gravación contou co apoio do Concello de Muros, Mariscos Antón, Festival Carrilanas, Muport SL, Portos de Galicia, Policía Local de Muros e GES de Muros. 

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.