Laura Novelle fala da súa novela “Todo lo que he callado” ante o público pobrense

20 Xaneiro 2024

O público pobrense tivo a oportunidade de coñecer máis polo miúdo Todo lo que he callado, o novo libro de Laura Novelle. Trátase dunha novela de ficción que mestura o thriller policial e o romance cunha trama cun potente fondo histórico. Cunha xa considerábel produción literaria, a autora, natural de Carballiño pero afincada na Pobra, achega aquí a historia de León Cantud, un membro da policía científica dedicado aos labores administrativos a quen lle cambiará a vida a investigación dun caso.

A escritora centrou o seu discurso no proceso creativo e de edición desta nova obra. Durante o acto que tivo lugar na tarde deste 19 de xaneiro no Auditorio do Museo Valle-Inclán, estivo arroupada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e por María José Pacheco Etchevers, mestra xubilada, licenciada en Xeografía e Historia.

O toque musical correu a cargo de María Fernández Sandoica.

Durante a súa intervención, a edil referiuse á vitalidade literaria da que goza a localidade con presentacións mensuais, ás veces máis dunha coma neste xaneiro. De feito, Lojo apuntou que en xuño do 2022 participara no acto de Cuando me digas te quiero, o anterior libro de Novelle, tamén cun compoñente sentimental, polo que “se constata unha predilección de Laura por introducir o romance, sen que sexa a temática predominante, pero que si se pode apreciar na lectura dos seus últimos traballos”. En consecuencia, expresou que “a literatura permítenos non só desfrutar do argumento, do contido do relato, senón que tamén coñecer a persoa que hai detrás das verbas plasmadas no papel porque, en maior ou menor medida, cando alguén escribe está a falar de si mesmo, de si mesma, porque fala dende as súas propias vivencias”, o cal tamén se pode observar en 39 escalones con vistas al mar, unha autobiografía, ou Sobrevivir al Trabajo de Fin de Grado en Humanidades y Ciencias Sociales. Todo lo que necesitas saber, un ensaio dirixido á comunidade universitaria.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.