A función “As vellas non deben namorarse” representarase no Teatro Cine Elma (A Pobra) este 21 de xaneiro

20 Xaneiro 2024

Teatro Airiños, de Rianxo, levará ás táboas do Elma a función As vellas non deben de namorarse, este 21 de xaneiro, ás 19.00 horas.

Segundo a Área de Cultura da Pobra, “este é un cambio que se produce no cartel do ciclo de teatro afeccionado, pois a compañía prevista para esa xornada tivo que suspender afunción por motivos de saúde dunha das actrices principais”.

Esta mostra chega á Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, que, nas palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, “nace coa vocación de acoller compañías amateur con propostas nas cales o humor é a tónica imperante”.

Esta segunda sesión é unha adaptación do xa clásico texto de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, feita por Amantia Coello, que lle dá unha orixinal volta á peza.

O resultado proporciona un xiro curioso e divertido en que, respectando a esencia de Castelao e sen forzar o cambio, xorden historias de amor e desamor dende unha nova perspectiva.

Presenta, polo tanto, a historia de tres vellas que se namoran de persoas moito máis novas e a dramática consecuencia que estes amores terán para elas. Enredos contados nun contexto que busca a converxencia que define na actualidade a Galicia coa tradición.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.