Proseguen en Rianxo as actividades dos Actos Castelao

24 Xaneiro 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda cultural destes últimos días de xaneiro, nos que son protagonistas as actividades dos Actos Castelao en homenaxe ao ilustre escritor, artista e político rianxeiro, organizados polo Concello en colaboración con entidades locais e comarcais como por exemplo Barbantia ou o Museo do Gravado de Artes (Ribeira).

-Venres 26 ás 20.30, no Centro Socio Cultural do Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes)

LIBROS: presentación de O libro secreto da filosofía de José Carou Rey, coas intervencións da ilustradora da obra, Sara Valcárcel; a profesora e tradutora Margarita Fernández Gómez; o escritor e membro de Barbantia, X. Ricardo Losada; o director de Producións da Editorial Galaxia,, Xesús Domínguez; o concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde e o propio autor.

Intervención artística e coloquio a cargo de Miguel Mosquera. Apertura e peche musical a cargo de Tano Domínguez (piano) da Escola de Música de Rianxo.

-Sábado 27/01/24, 12.00, no Paseo da Ribeira, a carón do busto de Castelao

OFRENDA FLORAL: Intervención de autoridades. Acompañamento musical a cargo de Río de Anxo.

-Do mércores 17 ao xoves 15/02/2024, 20.30, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo (sala de exposicións)

Exposición XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña

Organizados polo Concello de Rianxo xunto coa colaboración da Deputación da Coruña, o Museo da Artes do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, a Asociación Barbantia, a Fundación Castelao, a Escola de Música de Rianxo, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia.

Máis información nas redes sociais e no sitio web do Concello de Rianxo,

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.