O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e exhibición de orixinais únicos

16 Maio 2024


No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción especial.
Esta data celébrase dende 1977 a proposta do Consello Internacional de Museos (ICOM) para achega-las institucións museísticas ao conxunto da sociedade. O dito organismo propón como temática a seguir para este 2024 os “Museos pola educación e a investigación”.
Por iso, o Museo Valle-Inclán pobrense amosará ao público algúns dos documentos máis importantes da colección de manuscritos da que dispón nos seus fondos; testemuñas publicadas en estudos académicos e científicos do ámbito nacional e internacional. Farase durante as visitas comentadas impartidas pola dirección do centro no horario de mañá e de tarde: ás 11.30 e 17.30 horas. Exhibiranse as cartas orixinais de Ramón del Valle-Inclán remitidas a Manuel Azaña, con opinións íntimas sobre asuntos como a literatura, a política e a amizade que os unía. Trátase dunha documentación de gran interese; cartas orixinais entre o universal
escritor galego e o que foi presidente da II República española, que se conservan no Archivo Histórico Nacional e no Museo Valle-Inclán. A actividade é de balde e non require inscrición previa.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.