A noiesa Chicha Blanco, no equipo de maquillaxe nomeado ao Óscar por “La sociedad de la nieve”

24 Xaneiro 2024

A película española La sociedad de la nieve, de Juan Antonio Bayona, foi nomeada este martes 23 de xaneiro aos premios Óscar á mellor película internacional e ao mellor deseño de maquillaxe e peiteado pola Academia de Hollywood. O filme de Bayona, que relata a traxedia real de voo 571 da Forza Aérea Uruguaia que se esnafrou nos Andes en 1972 e na que morreron 29 persoas, está nomeado ao premio á mellor película internacional xunto á xaponesa Perfect Days, de Win Wenders; a coprodución entre Estados Unidos, Reino Unido e Polonia La zona de interés, de Jonathan Glazer; a italiana Io capitano, de Matteo Garrone; e a alemá Sala de profesores, de Ilker Çatak.

Volvendo a La sociedade de la nieve, unha das candidaturas nas que compite, a de maquillaxe e peiteado, tócanos de preto no Barbanza, xa que o importante traballo despregado para adaptar a fisionomía dos actores ás duras condicións da montaña andina contou coa participación da noiesa Chicha Blanco, que obtén con este nomeamento un novo recoñecemento á súa importante traxectoria.

Por certo que o Concello de Noia procedeu nas redes sociais a felicitar a Chicha e a todo o equipo da película por ser incluída entre os nomeados ao Óscar.

Chicha Blanco é maquilladora profesional da industria do cine. Foille concedido o Premio Mestre Mateo por Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde. Ten traballado con directores do talle de Carlos Saura e no seu currículo figuran series como Gran reserva, Terra de lobos o A señora, ou longametraxes como Todo é silencio, de José Luis Cuerda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.