“Galicia marca o camiño a seguir para evitar problemas no sector leiteiro” – Antón Luaces

15 Marzo 2026

A vindeira semana vai ter lugar unha xuntanza entre a Consellería de Medio Rural e as principais industrias leiteiras da comunidade autónoma galega, previa á prevista coas cadeas de distribución. O obxectivo de ambos os encontros non é outro que acadar corresponsabilidade á hora de fortalecer este sector fundamental para Galicia.

Así o anunciou a titular da consellería citada, María José Gómez, após unha reunión co sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) para analizar as contratacións que se van facer en datas vindeiras nun contexto caracterizado pola entrada de excedentes de leite da Unión Europea a baixo prezo e unha suba dos custes de produción.

A conselleira anunciou asimesmo novas accións para supervisar a etiquetaxe do leite coa fin de detectar posíbeis incumprimentos a respecto da orixe.

Solicitarase ao Goberno central que realice tamén un seguimento exhaustivo destes contratos para facer cumprir a lei da cadea alimentaria e que, ante o conflito xerado en Oriente Medio, reduza os impostos na enerxía, gasóleo, plásticos e fertilizantes.

 A cadea alimentaria galega, con forte peso na produción leiteira, enfronta a inestabilidade  derivada da guerra con Irán nomeadamente a través do aumento de custes loxísticos e enerxéticos, o que presiona nos marxes das súas principais actividades, coma a gandeiría vacún e a pesca. O incremento nos prezos da enerxía e os combustibles impactan directamente nos custes do transporte e a produción leiteira, que representan o 41% da produción nacional, segundo UGAM COAG, sendo este sector vital para o PIB rural.

Poden producirse asimesmo tensións na importación de materias primas para a alimentación do gando.

O sector gandeiro galego, cunhas 5.000 explotacións leiteiras, depende da importación de cereais para forraxe, susceptibles á volatilidade dos prezos internacionais.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.